"Sen servizo" anti incendios no Parque Natural arrasado en 2012

A asociación ecoloxista Arco Iris alerta que a Xunta de Galicia mantén sen servizo a base de Queixeiro, situada á beira do parque natural das Fragas do Eume. Así o fixeron nun comunicado, onde recalcan o "gave risco de que se produza un incendio de efectos devastadores como o de abril de 2012, que estivo a piques de acabar coa Reserva Natural". O Goberno non respondeu por agora a esta protesta, referendada con fotografías.

|

Base2

BASE CON HELICÓPTERO

Segundo Arco Iris, a veciñanza pediu manter a base situada en Monfero, que contaba cun helicóptero e que "agora foi retirado de maneira incomprensible". Acusan a Medio Rural de deixar sen dotación de medios humanos e materiais "este enclave de vital importancia para a protección do Parque". 

Explican que o parque carece dun Plan de Xestión (PRUG), como sucede na maioría dos espazos naturais de Galicia, e que desde a asociación lévano denunciado anos. A aprobación "en prazo houbese signnificado que as Fragas contasen cun Plan Específico de Incendios Forestais", engaden. Desde a asociación expoñen que se aproben os PRUG "pendentes" de todos os parques naturais de Galicia. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE