As Fragas do Eume e a súa conservación está a provocar choques entre propietarios de terreos lindeiros e Xunta. O goberno autonómico desexa ampliar a superficie deste bosque atlántico e para iso ofrece unhas cantidades que os propietarios consideran insuficientes. Para iso baséanse no valor engadido que teñen varias desas leiras e nas limitacións que teñen á hora de pode actuar en devanditas propiedades
A asociación ecoloxista Arco Iris alerta que a Xunta de Galicia mantén sen servizo a base de Queixeiro, situada á beira do parque natural das Fragas do Eume. Así o fixeron nun comunicado, onde recalcan o "gave risco de que se produza un incendio de efectos devastadores como o de abril de 2012, que estivo a piques de acabar coa Reserva Natural". O Goberno non respondeu por agora a esta protesta, referendada con fotografías.