A Xunta alude á actividade dos incendiarios para xustificar a vaga de incendios que está a arrasar a provincia. A gravidade dos lumes é tal que as brigadas teñen que recorrer a plantar lume para combater as chamas de noite. As choivas que están a empezar a caer na costa poden ser a salvación, aínda que aínda non chegaron ao castigado suroeste galego.
@BrifLaza
Galicia está a bater récords de temperaturas altas e hai vento do noroeste. Medio Rural suspendeu as autorizacións para queimas agrícolas e forestais debido a estas condicións meteorolóxicas proclives para a rápida expansión do lume. Nun só día, arderon máis de 120 hectáreas, incluídas 25 nun Parque Natural.
A asociación ecoloxista Arco Iris alerta que a Xunta de Galicia mantén sen servizo a base de Queixeiro, situada á beira do parque natural das Fragas do Eume. Así o fixeron nun comunicado, onde recalcan o "gave risco de que se produza un incendio de efectos devastadores como o de abril de 2012, que estivo a piques de acabar coa Reserva Natural". O Goberno non respondeu por agora a esta protesta, referendada con fotografías.
Eel incendio que empezou o domingo pola noite en Lobios na parroquia de Río Caldo queimou unhas 300 hectáreas dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
Sitúase no termo municipal de Lobios e afecta a unhas 20 hectáreas.