Un incendio forestal avanza polo Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

Sitúase no termo municipal de Lobios e afecta a unhas 20 hectáreas.


|

Incendioforestalmotobomba


Un incendio forestal permanece activo na mañá deste martes no termo municipal de Lobios (Ourense) que afecta ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.


Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume comezou ás oito da tarde do luns na parroquia de Río Caldo no termo municipal de Lobios.


As primeiras estimacións apuntadas polo departamento de Medio Rural sitúan a superficie afectada por este incendio forestal nunhas 20 hectáreas.


Nos labores de control e extinción das chamas están a participar seis axentes forestais, 16 brigadas, sete motobombas, unha pa e dous helicópteros.


relacionada Segundo incendio en 24 horas no parque natural Baixa Limia-Xurés

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE