Segundo incendio en 24 horas no parque natural Baixa Limia-Xurés

O deste sábado entrou desde Portugal e afectou a unha superficie de 20 hectáreas. O lume do domingo tamén quedou extinguido nas 20 hectáreas.


|

Incendiocambabriflaza 1


A Consellería do Medio Rural informou dun novo lume forestal na localidade ourensá de Entrimo, concretamente na parroquia de Venceáns. O departamento autonómico concretou que o lume se iniciou ás 17,15 horas do domingo e quedou extinguido ás 2,13 horas deste luns.


As últimas estimacións sitúan a superficie afectada nunhas 20 hectáreas rasas no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés, segundo indicou Medio Rural. Nos traballos de extinción participaron dous axentes, oito brigadas, seis motobombas, unha pa e dous helicópteros.


Xusto este sábado a última hora, os medios contra o lume lograron extinguir outro incendio forestal rexistrado tamén na parroquia de Venceáns, e que afectou a unha superficie de 20 hectáreas no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.


O lume, que entrou por Portugal, iniciouse ás 17,35 horas deste sábado e quedou extinguido ás 21,45 horas.

relacionada Extinguidos os incendios de Quiroga e Viana do Bolo tras queimar 80 hectáreas
relacionada O goteo de incendios forestais continúa ás portas da primavera

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE