Extinguidos os incendios de Quiroga e Viana do Bolo tras queimar 80 hectáreas

Outro incendo que afectou a cinco hectáreas de monte raso no parque natural de Baixa Limia-Serra do Xurés, en Lobios, quedou extinguido. 


|

Os incendios forestais rexistrados nos municipios de Quiroga (Lugo) e Viana do Bolo (Ourense) quedaron extinguidos na tarde deste sábado.


Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume declarado na parroquia de Outeiro de Quiroga afectou a unha superficie de 45,46 hectáreas de monte raso.


Mentres, o incendio forestal declarado na parroquia de Sever de Viana do Bolo quedou extinguido tras queimar unha superficie de 35 hectáreas, das cales 27 eran de monte raso.



LOBIOS


Mentres, ás 00,25 horas deste sábado quedou extinguido o lume que comezou ás 20,39 horas do venres na parroquia de Grou no municipio ourensán de Lobios.


Segundo as últimas estimacións de Medio Rural, a superficie afectada foi de cinco hectáreas de monte raso dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.


Nos labores de extinción deste incendio participaron dous axentes, tres brigadas e dúas motobombas.


relacionada O goteo de incendios forestais continúa ás portas da primavera
relacionada Controlado un incendio forestal no Irixo tras queimar unhas 20 hectáreas
relacionada Extinguido un incendio forestal na Serra do Xurés tras queimar 35 hectáreas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE