Extinguido un incendio forestal na Serra do Xurés tras queimar 35 hectáreas

|

Incendioministerio


O incendio forestal que afectou ao parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés no municipio ourensán de Entrimo quedou extinguido este martes tras arrasar unhas 35 hectáreas.


Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o incendio orixinouse en Portugal e estendeuse posteriormente ata o municipio ourensán de Entrimo, na parroquia de Pereira.


O lume comezou sobre as 18,15 horas do luns e deuse por controlado pouco antes das 00,30 horas da madrugada deste martes, tras o que quedou extinguido ás 14,29 horas.


Segundo as estimacións do departamento de Medio Rural, a superficie afectada por este incendio foretsal situouse en 35 hectáreas de monte raso.


Nos traballos de extinción participaron seis axentes, oito brigadas e seis motobombas.

relacionada Localizan o presunto autor de numerosos lumes forestais que prendía cun chisqueiro
relacionada Un incendio forestal en Carballeda de Valdeorras arrasa 80 hectáreas en pleno marzo
relacionada Galicia non está equipada para a desestacionalización do lume

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress