Un incendio forestal en Carballeda de Valdeorras arrasa 80 hectáreas en pleno marzo

O lume iniciouse o xoves ao mediodía e deuse por controlado á primeira hora da noite. Afecta a monte raso.


|

Carballedavaldeorrasincendio

Incendio en Carballeda de Valdeorras. // Foto: @CigAxentes twitter


A Consellería do Medio Rural deu por controlado a última hora do xoves o incendio forestal que desde ese mediodía afecta o municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras e que queimou unhas 80 hectáreas de monte raso.


Segundo datos do departamento autonómico, o lume iniciouse sobre as 13,20 horas do xoves nun monte da parroquia de Candeda e quedou controlado pouco antes das 21,40 horas.


Nos traballos de extinción traballan nestes momentos un técnico, 13 brigadas, oito motobombas, unha pa e tres helicópteros. Segundo as últimas estimacións oficiais, a superficie afectada é de 80 hectáreas.

relacionada Activo un incendio forestal en Carballeda de Valdeorras que arrasa máis de 20 hectáreas
relacionada Sorprenden a unha veciña de Viana do Bolo provocando un incendio forestal
relacionada Investigados dous veciños de Cualedro e outro de Verín por un incendio forestal en Laza

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE