Sorprenden a unha veciña de Viana do Bolo provocando un incendio forestal
Os propios axentes do Seprona que atoparon a muller prendendo o lume apagaron eles mesmos as chamas de escasa consideración e detivérona.
O Seprona de Viana do Bolo detivo unha muller veciña da zona como presunta autora dun delito de incendio forestal tras ser sorprendida cando prendía lume.
Segundo informaron fontes do Instituto Armado, ás 18,00 horas da tarde do luns foi detida M.E., de 59 anos de idade e veciña de Viana, como presunta autora dun delito de incendio forestal.
A muller foi arrestada tras ser sorprendida pola Garda Civil cando prendía lume nunha paraxe denominada Lama da Veiga, cando estaba pastoreando un rabaño de ovellas.
As mesmas fontes concretaron que o lume, de escasa consideración, foi extinguido polos axentes. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado da Pobra de Trives.
Escribe o teu comentario