Controlado un incendio forestal no Irixo tras queimar unhas 20 hectáreas
O lume iniciouse na parroquia de Espiñeira sobre as 5,00 horas da madrugada deste xoves e quedou controlado pasadas as 11,00 horas.
Imaxe de arquivo
A Consellería do Medio Rural dá por controlado un incendio forestal rexistrado no municipio ourensán do Irixo e que, segundo as estimacións provisionais, calcinou unhas 20 hectáreas de terreo.
Segundo a información da Xunta, o lume iniciouse na parroquia de Espiñeira sobre as 5,00 horas da madrugada deste xoves e quedou controlado pasadas as 11,00 horas.
Nos traballos de extinción deste incendio participan tres técnicos, un axente, sete brigadas, sete motobombas e unha pa.
Escribe o teu comentario