Os axentes advirten que irán á folga en plena tempada de incendios


Tras meses de advertencias e anos de reivindicacións, os axentes forestais e ambientais da Xunta de Galicia dan un paso ao fronte. Se non hai acordo, a partir do 1 de agosto folga indefinida. Unha pataca moi quente para o Goberno, pois moitos deles son os que dirixen a extinción dos incendios forestais.


|

Tras meses de advertencias e anos de reivindicacións, os axentes forestais e ambientais da Xunta de Galicia dan un paso ao fronte. Se non hai acordo, a partir do 1 de agosto folga indefinida. Unha pataca moi quente para o Goberno, pois moitos deles son os que dirixen a extinción dos incendios forestais.


Os axentes forestais e ambientais de Galicia farán folga os próximos 25 e 26 de xullo, en plena campaña de alto risco de incendios, para esixir que a Xunta chegue con eles a un acordo de renovación das súas condicións laborais, "caducas e obsoletas" desde hai anos.


Protesta de axentes forestais e ambientais en Santiago Protesta dos axentes fronte á sede do Goberno Galego


Ademais, se a partir de entón non recibiron un documento que vexan aceptable (a proposta polo momento considérana "unha verdadeira tomadura de pelo"), convocarán folga de carácter indefinido a partir do 1 de agosto.

Así o decidiu este colectivo nunha asemblea celebrada este xoves na chaira da estación de autobuses de Santiago, antes de manifestarse fronte ao complexo administrativo de San Caetano.

relacionada Os axentes dinlle á consellería que as súas peticións son xustas e esta pídelles "sentidiño"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE