A Xustiza sentencia que Medio Rural non actuou de forma "diligente" ao denegar o cambio de posto a un enfermo do corazón que faleceu dun infarto.
Tras unha reunión con cargos da Xunta, os axentes ambientais suspenden o seu paro; mentres os axentes forestais seguen con el, pero non poden exercelo na práctica.
Os axentes ambientais e forestais xa pararon dous días a semana pasada. Cando está a piques de empezar a folga indefinida, Facenda os chama a unha nova reunión. O segundo destes colectivos coordina a loita contra o lume no monte en numerosos incendios.
Os axentes forestais e ambientais levaron a súa folga esta mañá ás rúas de Santiago, advertindo a posibilidade de facela indefinida. O primeiro destes colectivos encárgase de coordinar a loita contra o lume a pié de monte en moitos incendios.
Tras anos de protestas, os axentes ambientais e forestais da Xunta dan un paso adiante e convocan varias xornadas de folga. Se non hai avances, o paro podería ser definitivo desde agosto, en plena tempada de alto risco de incendios.
Tras meses de advertencias e anos de reivindicacións, os axentes forestais e ambientais da Xunta de Galicia dan un paso ao fronte. Se non hai acordo, a partir do 1 de agosto folga indefinida. Unha pataca moi quente para o Goberno, pois moitos deles son os que dirixen a extinción dos incendios forestais.
O que ía ser un acto propagandístico de entrega de material contra os incendios, acabou marcado polas reivindicacións dos axentes forestais e ambientais, que levan anos loitando por mellorar as condicións de traballo dunha postos clave na loita contra o lume.
Os axentes forestais son un dos activos chave para loitar contra os incendios, pois a miúdo dirixen a extinción en primeira liña. A piques de entrar o verán, a Xunta mantén a estes profesionais ao bordo do conflito laboral e, ademais, moi enfadados coa actitude da administración.