Os axentes forestais e ambientais convocan folga

Tras anos de protestas, os axentes ambientais e forestais da Xunta dan un paso adiante e convocan varias xornadas de folga. Se non hai avances, o paro podería ser definitivo desde agosto, en plena tempada de alto risco de incendios.


|

Tras anos de protestas, os axentes ambientais e forestais da Xunta dan un paso adiante e convocan varias xornadas de folga. Se non hai avances, o paro podería ser definitivo desde agosto, en plena tempada de alto risco de incendios.


Axentes forestais


Unha circunstancia moi relevante, xa que parte deste colectivo é o encargado de coordinar a extinción de incendios no monte.


Segundo o preaviso formalizado xa por CIG e UXT, a folga comezará o día 25 ata o 27 de xullo, ás 8 horas, e, a partir de 1 de agosto, desde media noite, terá unha duración indefinida, afectando á escala de axentes forestais/facultativos ambientais, que son funcionarios e funcionarias ao servizo da Administración Autonómica galega.


PETICIÓNS DOS TRABALLADORES


Os traballadores buscan que a Xunta retroceda na súa pretensión de "imposición dun aumento horario e dun empeoramento das condicións de traballo" para adecuar a xornada máxima anual ao do resto empregados públicos.


Os folguistas demandan "unha compensación económica acorde ao carácter extraordinario dos seus horarios e un complemento específico que retribúa a penosidade, toxicidade, traballo por quendas e especial responsabilidade deste persoal en concordancia con outro persoal da Xunta con características funcionais semellantes".


Os sindicatos aseguran que as conversacións previas fracasaron porque a Administración puxo tantos impedimentos que, na práctica, non se chegou a negociar. Por parte da Xunta, aínda non hai resposta pública a esta convocatoria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE