"Medio Rural mente e manipula a información", din dous colectivos de axentes forestais


Os axentes forestais son un dos activos chave para loitar contra os incendios, pois a miúdo dirixen a extinción en primeira liña. A piques de entrar o verán, a Xunta mantén a estes profesionais ao bordo do conflito laboral e, ademais, moi enfadados coa actitude da administración.


|

Os axentes forestais son un dos activos chave para loitar contra os incendios, pois a miúdo dirixen a extinción en primeira liña. A piques de entrar o verán, a Xunta mantén a estes profesionais ao bordo do conflito laboral e, ademais, moi enfadados coa actitude da administración.


O secretario xeral de Medio Rural afirmou a semana no Parlamento que hai unha negociación aberta cos axentes, e que o Goberno propón unha subida de 2.000 euros ao ano. Hoxe dous dos seus centrais sindicais négano.



Axentes forestais


"CIG E UXT denunciamos a falta de negociación e a manipulación informativa da Secretaría Xeral Técnica de Medio Rural. Non existe negociación nin proposta seria para a mellora das condicións de traballo dos Axentes Forestais e Ambientais da Galicia, que seguen demandando horarios e salarios dignos", afirman nun comunicado.


SEN NEGOCIACION REAL

As centrais admiten que a Xunta lles enviou un proposta pero dinque ninguén se sentou en serio a negociala. Os sindicatos rexéitana por insuficiente, entre outros motivos, ante as "gardas no alto risco por miserias e con exceso horario".


Mais de 400 axentes manifestáronse nas rúas de Santiago de Compostela o pasado 24 de maio para reclamar unhas condicións de traballo dignas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE