Seguimento masivo da folga dos axentes da Xunta, segundo os organizadores

A folga de axentes forestais e ambientais galegos, convocada por CIG e UXT, está a ter unha participación "mínima" dun 85% no sector de medio ambiente e dun 100% no de medio rural, segundo informaron a Europa Press fontes deste colectivo.

|

Axentes forestais e ambientais en folga

A folga de axentes forestais e ambientais galegos, convocada por CIG e UXT, está a ter unha participación "mínima" dun 85% no sector de medio ambiente e dun 100% no de medio rural, segundo informaron a Europa Press fontes deste colectivo.

No caso dos axentes forestais, os servizos mínimos, que segundo denuncian "impuxo" a Xunta, son do 100%, polo que o completo seguimento da folga que apuntan estes profesionais refírese aos axentes de garda. Mentres, os servizos mínimos dos axentes ambientais alcanzan un 20%.

Pola súa banda, a sindicalista da CIG Zeltia Burgos destacou, en declaracións a Europa Press, que o paro está a ser "moi exitoso" e que a central nacionalista está "moi orgullosa".

Os traballadores destes colectivos van á folga este mércores e este xoves para reclamar un acordo que mellore as súas condicións laborais con respecto ao actual, de 2004. Co obxectivo de visibilizar a protesta, participarán nunha manifestación este xoves ás 11,00 horas en Santiago, entre San Lázaro e San Caetano.

Burgos asegurou que desde o pasado 14 de xullo a Administración galega non contactou con estes profesionais. Se non hai achegamentos, o paro desta semana converterase en folga indefinida a partir do 1 de agosto, en plena campaña de alto risco de incendios.

Respecto diso, Burgos acusou á Xunta de tentar "dividir e desmovilizar" aos traballadores destes colectivos coa diferenza entre os servizos mínimos duns e outros axentes.

As organizacións sindicais reclaman un aumento retributivo que "se plasme" no complemento específico, e tamén esixen outras cuestións como unha redución horaria, unha segunda actividade "que garanta non estar en primeira liña de lume" aos axentes de máis idade e modificar os coeficientes reductores para a xubilación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE