Os resultados en Aragón supoñen unha amarga vitoria para o PP e outro pau para o PSOE

As eleccións deste domingo en Aragón fixeron que a candidatura do PP liderada por Jorge Azcón dependa máis de Vox para gobernar, pois os conservadores gañan retrocedendo dúas actas e os ultras duplican escanos. O PSOE iguala mínimos históricos. Podemos desaparece do Parlamento. Sumar é case insignificante e a Chunta dispárase.

 


|

Escrutinio
Escrutinio en Aragón 

 

Os populares terán que volver contar con Vox que agora é moito máis forte, ao duplicar o número de representantes que tiñan até a data (de 7 escanos pasan a 14).

 

Esta noite electoral deixa un sabor moi amargo no PSOE aragonés que deixou en mans da  exministra Pilar Alegría a súa aposta electoral.  Contaba con 23 deputados en 2023 agora pasarían a 18, igualando así o seu solo histórico na rexión, cultivado no ano 2015 por Javier  Lambán.

 

O candidato de Vox en Aragón, Alejandro Nolasco, suma nesta cita electoral 7 escanos, que lle permitirán reforzar a súa posición ante o PP nunha eventual negociación para investir ao novo presidente e permitirlle gobernar.

 

Porque foi Vox é o gran ganaor  desta cita electoral, confirmando as últimas enquisas a nivel nacional, que falan de resultados históricos da formación de Santiago Abascal, o gran triunfador da noite. 


Chunta Aragonesista, liderada por Jorge Pueyo, obtivo mellores resultados nestas eleccións. A candidatura de Jorge Pueyo duplica a súa representación e pasa dos tres escanos que logrou do 2023 a 6. 

Mentres a coalición Existe representada por Tomás Guitarte perde un deputado (de 3 pasa a 2) e EU-Sumar queda cun representante. 

 

Por contra, o Partido Aragonés (PAR) e Podemos quedan sen representación nas Cortes xunto a SAF de Alvise que obtivo máis votos que a formación azamboada.

 

A desaparición do PAR de as Cortes de Aragón é un duro golpe porque sempre obtivera representación e mesmo gobernou entre 1987 e 1993.

 

As Cortes de Aragón componse de 67 deputados e a maioría absoluta está en 34. A repartición da representación das Cortes faise por provincias: 35 escanos Zaragoza, 18 Huesca e 14 Teruel, que funcionan como circunscricións independentes.

 

Por provincias, o PP gaña no tres. Obtén 14 en Zaragoza, 5 en Teruel e 7 en Huesca. Os socialistas mantense como segunda forza nas tres, con 9 en Zaragoza, catro en Teruel e cinco en Huesca. Vox cultivou 7 en Zaragoza, tres en Teruel e catro en Huesca.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE