Aprender sobre a loita contra os incendios en Galicia tomándose unha cervexa

Mahou San Miguel e WWF, organización que traballa desde hai máis de 50 anos na conservación da natureza, puxeron en marcha unha campaña de sensibilización para a prevención contra os incendios forestais en Galicia.


|

Mahou San Miguel  e WWF, organización que traballa desde hai máis de 50 anos na conservación da natureza, puxeron en marcha unha campaña de sensibilización para a prevención contra os incendios forestais en Galicia.


01 Mahou San Miguel Asina Acordo con WWF


Segundo informan nunha nota de prensa, a iniciativa desenvolverase entre os meses de xullo e outubro en diferentes establecementos de hostalería de Pontevedra, Ourense e Vigo. Todos eles foron equipados con cartelería, pousavasos e distintivos que inclúen información sobre as zonas e épocas de maior perigo e consellos para unha eficaz protección e mantemento dos montes, tentando corrixir determinados comportamentos e malos hábitos que se dan hoxe en día a este respecto como, por exemplo, a queima de restrollos sen permiso ou a realización de grelladas na contorna natural cando hai alto risco de incendio. 


En Galicia a man do ser humano está detrás do 99% dos incendios – fronte ao 96% da media nacional- e ata o 70% son intencionados. Por iso é especialmente importante desenvolver campañas de sensibilización coa poboación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE