"Os eucaliptos gañan por incomparencencia doutras actividades no monte"

As vagas de incendios arrasan todos os anos Galicia e o norte de Portugal debido á mesma razón de fondo: o abandono das aldeas. Esta é unha das conclusións alcanzadas hoxe en Braga durante a Conferencia “Segurança Transfronteiriça. Ligações norte de Portugal-Galiza” na que participaron algúns dos maiores expertos de ambos os lados da fronteira.


|

As vagas de incendios arrasan todos os anos Galicia e o norte de Portugal debido á mesma razón de fondo: o abandono das aldeas. Esta é unha das conclusións alcanzadas  hoxe en Braga durante a Conferencia “Segurança Transfronteiriça. Ligações norte de Portugal-Galiza” na que participaron algúns dos maiores expertos de ambos os lados da fronteira.



180525 Foro Braga 4

Intervención de Vázquez Mao


MÁIS COORDINACIÓN

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao,  insistión en que é necesario que Portugal e España cooperen máis porque “xuntos somos máis fortes”. Mao indicou que o fundamental é previr, “é a mellor política forestal e por suposto a coordinación e a cooperación". Opina na mesma liña José María Costa, alcalde de Viana, quen demanda un Centro Coordinador de Emerxencias entre España e Portugal.


Vázquez Mao argumenta que estas ondas de incencios impactan no atractivo da Eurorexión para os investidores “porque ningunha empresa quere instalarse nunha área insegura”.


PRIMEIRA MESA SOBRE OSINCENDIOS

O primeiro relatorio estivo centrado na problemática dos incendios. Antonio Bento Gonçalves, profesor da Universidade do Minho, Juan Picos, profesor da Universidade de Vigo e João Felgueiras, comandante dúas bombeiros sapadores de Braga, foron os relatores.


O experto de Minho denunciou a presenza de especies “altamente inflamables” como o piñeiro ou o eucalipto. Bento tamén sinalou o abandono do mundo rural e comportamentos patolóxicos das propias persoas como os principais motivos da proliferación ano a ano de multitude de incendios (18.000 focos en 2018 en Portugal). Fronte a esta situación o experto da Universidade de Minho ou avogou por unha mellor ordenación do territorio así como pola necesidade de incrementar a información previa para evitar os incendios.


Juan Picos, profesor da Universidade de Vigo, explicou que hai que traballar sempre coa perspectiva da cooperación en prevención, a detección, a extinción, análise, protección de persoas e bens, e investigación científica. Destacou a necesidade de atopar alternativas á situación actual e apostar polo medio rural, porque se non “os eucaliptos gañan por incomparecencia doutras actividades”. Hai que ter en conta que Juan Picos é o autor dun informe exhaustivo sobre esta materia, por iniciativa do Eixo Atlántico, que será divulgado nas próximas semanas.


Por último, o comandante de bombeiros João Felgueiras, alertou da necesidade de ordenar o territorio e alertou tamén da introdución de especies exóticas resistentes e “amigas do lume”, como é o caso das acacias e o eucalipto. Felgueiras, quen fixo repaso histórico sobre o incremento dos incendios e do tamaño dos mesmos na zona, explicou que “da defensa da natureza contra os incendios pasamos a defensa das persoas contra os incendios forestais”.


As EMERXENCIAS NON ENTENDEN DE FRONTEIRAS 

O segundo panel estivo centrado na capacidade de resposta e foi especialmente destacable a intervención de Rudiger Oya Steinbruggen, coordinador do Centro de Cooperación Policial e Aduaneira (CCPA) de Tui-Valença. Oya explicou as dificultades que leva a seguridade nas zonas fronteirizas porque “aínda que Europa non ten fronteiras, os funcionarios para facer o noso traballo, si”. Con todo, os CCPA permiten, por exemplo o establecemento de operacións de control e patrullas mixtas. A antiga comisaría conxunta supón un exemplo de colaboración e coordinación no ámbito da seguridade.


EXEMPLOS DE TRABALLO EN COMÚN TRANSFRONTEIRIZO

A terceira e última mesa tratou os modelos de colaboración e contou coa presenza do presidente da Cámara de Viana do Castelo e da asemblea xeral da Riet e o eurodeputado José Manuel Fernandes.


José María Costa quixo destacar da decisión da RIET de levar á próxima Cimeira Ibérica a creación dun Centro de Coordinación de Emerxencias na fronteira, e a necesidade de que se dote cos medios necesarios.


Pola súa banda José Manuel Fernandes falou da eficiencia do investimento na prevención e propuxo tamén incrementar a axilidade administrativa para que as actuacións de emerxencia non se vexan limitadas pola falta dunha autorización administrativa.


VÁZQUEZ MAO, CONTRA A PRIVATIZACIÓN

Na clausura o secretario xeral do Eixo Atlántico propuxo como conclusións da xornada a necesidade dun maior investimento en investigación, máis recursos para as forzas de seguridade na fronteira e máis cooperación. Tamén se manifestou contrario á privatización da loita contra os incendios: “Pode ser que haxa quen obteña beneficios dos incendios pero non pode ser que haxa quen obteña beneficios da loita contra os incendios”.


A conferencia terminou coa intervención de Ricardo Rio, quen esixiu que as instancias nacionais faciliten os recursos administrativos para que se poida mellorar a colaboración aos dous lados da fronteira tanto a nivel de prevención como de capacidade de resposta en función das necesidades.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE