El AVE llega a Galicia. Esa será probablemente la última mentira. O si lo prefieren la última media verdad. Porque, si bien es cierto que Ourense es Galicia, no es menos cierto que es la cuarta parte de Galicia, lo que quiere decir que a tres cuartas partes aún no llega.
a Xunta acaba de criticar ao goberno de España por non incluír esta conexión no seu plan de recuperación económica. Vázquez Mao éplica que a alta velocidade tarda demasiado en acelerar e desacelerar como para resultar eficaz en traxectos tan curtos.
Xóan Vázquez Mao, secretario xeral do ‘Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular’, atende a Galiciapress para debullar o enfado da entidade co informe elaborado do CES -que presenta hoxe a Xunta- e expoñer a situación na que se atopa o Corredor. “Só falta a ratificación do Parlamento Europeo e os estados membros; este informe de la Xunta só desestabiliza un tema que xa conta co visto e prace”, advirte.
O orzamento do ‘Eixo Atlántico’ para o próximo 2019 será de 4,3 millóns de euros, despois da aprobación da comisión executiva, aínda que queda ser ratificado pola asemblea xeral o próximo febreiro para que sexa efectiva.
Varias institucións, como o Eixo Atlántico, e políticos levaban meses presionando para lograr incluír o tren A Coruña-Vigo-Ourense-Monforte-O Barco-Palencia no Corredor Atlántico europeo. Hoxe a Comisión confirmou a ligazón, aínda que o Consello e o Parlamento aínda deben tramitalo definitivamente.
As vagas de incendios arrasan todos os anos Galicia e o norte de Portugal debido á mesma razón de fondo: o abandono das aldeas. Esta é unha das conclusións alcanzadas hoxe en Braga durante a Conferencia “Segurança Transfronteiriça. Ligações norte de Portugal-Galiza” na que participaron algúns dos maiores expertos de ambos os lados da fronteira.
Numerosos alcaldes como Ada Colau, Xulio Ferreiro ou o alcalde de Braga acudiron hoxe á reunión organizada polo Eixo Atlántico na Coruña para lanzar o seu Plan de Acción da Axenda Urbana. O obxectivo, aumentar a cohesión social mediante a colaboración entre as urbes e definir así un novo modelo de cidade.
Moi poucos dirixentes públicos falan tan clariño como o secretario do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Por exemplo, ás subvencións ás liñas low cost chámalle “animalada”. Como alternativam, propón unha dirección única e técnica para os tres aeroportos. A próxima reunión de alcaldes para Axenda Urbana na Coruña, as fendas no modelo da Unión Europa e a suposta competencia desleal de Portugal son outros dos temas desta conversa con Xoán Vázquez Mao, un dos maiores expertos galegos dos mecanismos políticos de Bruxelas.