¿A chegada do AVE será o final das mentiras?

Xoán Vázquez Mao


O AVE chega a Galicia. Esa será probablemente a última mentira. Ou, se o prefiren, a última media verdade. Porque, aínda que é certo que Ourense é Galicia, non é menos certo que é a cuarta parte de Galicia, o que quere dicir que a tres cuartas partes aínda non chega.



Este luns o AVE chega a Ourense. Parece que por fin esta vez si vai ser verdade. E iso é un motivo de satisfacción innegable, a pesar de que o AVE foi en Galicia o maior dos enganos durante a última década. Década de atraso nunhas obras que continuamente nos mentían dicindo que se estaban a realizar, mentres estaban paradas; de partidas orzamentarias que cada ano nos vendían, pero que logo nunca se executaban; e sobre todo, décadas de tratarnos como borregos e de insultar á intelixencia colectiva dos galegos vendéndonos en cada campaña electoral as mesmas mentiras que nos venderon na anterior. E facíano todos os que pasaron polo goberno, para que non haxa dúbidas na repartición de responsabilidades. Por iso, temos motivos para estar contentos porque ao final teñamos alta velocidade, pero non temos nada que agradecerlle a ninguén; excepto claro, dez anos de esquecementos, atrasos e mentiras. Dez anos de atraso no noso desenvolvemento económico e de perda de competitividade con respecto a outros territorios que non se deixan enganar; dez anos de migración forzada das novas xeracións de Galicia que, do mesmo xeito que os seus avós, tiveron que saír a buscarse o seu futuro fóra dun territorio que se podería definir, parafraseando a Mario Benedetti, como a única oficina que chegou á categoría de comunidade autónoma.


O AVE chega a Galicia. Esa será probablemente a última mentira. Ou, se o prefiren, a última media verdade. Porque, aínda que é certo que Ourense é Galicia, non é menos certo que é a cuarta parte de Galicia, o que quere dicir que a tres cuartas partes aínda non chega. E a tenor dos tempos que RENFE está a anunciar para o ano próximo, non está moi claro que o que chegue sexa de verdade o AVE. Pero en todo caso, o máis importante hoxe non é celebrar a viaxe do xefe do Estado e do presidente do Goberno, que farán rodeados - maioritaria, que non exclusivamente - de palmeiros e palmeiras como diría Pedro Sánchez, ou de aspirantes a mellores destinos e de meritorios diversos que van a mendigar un anaco de foto, para poder figurar nalgún apartado da historia (aínda que quizais, colléndolle o título prestado a Borges, habería que dicir a historia da infamia), senón lembrar a débeda histórica que en materia de infraestruturas ferroviarias, Galicia aínda non cobrou: a conexión ferroviaria norte entre Ferrol e Coruña, e de ambas las dúas con Lugo, así como a inclusión no corredor do Atlántico que as alcaldesas de Lugo e Coruña xunto co alcalde de Ferrol solicitaron formalmente; a saída Sur de Vigo, máis prioritaria para a Comisión Europea, que para o goberno español, e as variantes de Rubián e Peares-Canaval, que permitan que a conexión de Lugo e Ourense sexa a adecuada. Que a foto dos que lle gusta vivir ben non tape as necesidades dos que, simplemente, aspiramos a que Galicia viva.drid Ourense en una foto de Gonzalo Caballero 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE