A Comisión Europea dá luz verde á conexión da Galicia interior co Corredor Atlántico europeo
Varias institucións, como o Eixo Atlántico, e políticos levaban meses presionando para lograr incluír o tren A Coruña-Vigo-Ourense-Monforte-O Barco-Palencia no Corredor Atlántico europeo. Hoxe a Comisión confirmou a ligazón, aínda que o Consello e o Parlamento aínda deben tramitalo definitivamente.

O coordinador europeo da rede transeuropea de transportes, Carlo Secchi, e o presidente do Eixo, Alfredo García, abordaron este tema na súa reunión do día 24 de maio en Bruxelas.
Prazos
O Eixo explica que a decisión deberá ser ratificada nun “trámite habitual” polo Consello Europeo de Ministros e polo Parlamento Europeo no prazo máximo dun ano, coa previsión de que o Parlamento o deixe xa aprobado antes da súa disolución en 2019.
A partir de 2021, ano no que entra en vigor o novo programa de fondos europeos, o Goberno español xa poderá solicitar a cofinanciación das obras coa condición de que estean finalizadas no 2030 como máximo.
O Eixo argumenta que a importancia desta decisión radica non só na competitividade para os portos galegos, ao poder poñer as súas mercadorías en toda Europa en tempos competitivos, senón tamén no impulso económico que lle achegará ao interior de Galicia, zona con grandes problemas demográficos pola falta de investimentos e de movemento económico.
Escribe o teu comentario