O ‘Eixo Atlántico’ contará con 4,3 millóns para os seus proxectos

O orzamento do ‘Eixo Atlántico’ para o próximo 2019 será de 4,3 millóns de euros, despois da aprobación da comisión executiva, aínda que queda ser ratificado pola asemblea xeral o próximo febreiro para que sexa efectiva.


|

O orzamento do ‘Eixo Atlántico’ para o próximo 2019 será de 4,3 millóns de euros, despois da aprobación da comisión executiva, aínda que queda ser ratificado pola asemblea xeral o próximo febreiro para que sexa efectiva.


Reunión do Eixo Atlántico co ministro de Infraestrututas de Portugal
Reunión do Eixo Atlántico co ministro de Infraestruturas de Portugal


O 75% do orzamento da entidade destinarase ao desenvolvemento de diversos programas, entre eles os denominados ‘Xogos do Eixo’, programados para celebrarse en Braga en xullo de 2019 ou actos culturais como a ‘Feira de turismo de proximidade’ ou a ‘Bienal de Pintura’. Con todo, outro papel importante que xogarán estes orzamentos será a elaboración de informes e estudos, así como as estratexias que desenvolve no referido ás infraestruturas, internacionalización, colaboración con Latinoamérica e acción exterior.


Do mesmo xeito, a propia comisión executiva ratificou a candidatura Braga para ser a Capital da cultura do Eixo Atlántico o próximo 2020, así como o Seminario de Intercambio de Experiencias no Ámbito da Educación en Barcelos para 2019.


Doutra banda, outro tema de interese na reunión foi o informe que se fixo sobre infraestruturas, onde se informou da electrificación ferroviaria da Linha ou Minho ata Barcelos, coa previsión de que a liña chegue a en xaneiro Viana. De igual maneira, informouse de que pronto o Eixo Atlántico manterá unha reunión co secretario xeral de Infraestruturas, en Madrid, para tratar a situación do saída sur ferroviaria de Vigo cara a Portugal ou as conexións interiores como é o caso da A76 e o Corredor Atlántico.



O EIXO E LIPOR

A reunión concluíu co anuncio de que o Eixo e Lipor (Serviço Intermunicipalizado de Gestão de Residuos do Grande Porto) alcanzaron un acordo de colaboración co obxectivo de mellorar a xestión dos residuos domésticos nos municipios do Eixo Atlántico. “Este protocolo busca axudar ás cidades no cumprimento do obxectivo 2020 para a reciclaxe e reutilización, tanto en España como en Portugal, facilitar o acceso o financiamento europeo e aumentar a proxección como grupo de influencia en materia de xestión de residuos na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”, sinala a nota da entidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE