Captar talento e investimentos, claves para o Eixo Atlántico, que suma novos socios

O Eixo Atlántico centrou os seus obxectivos para 2020 na captación de talento e investimentos para fixar poboación na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

|

Póvoa de Varzim e Culleredo incorpóranse á entidade transfronteiriza. Matosinhos acolleu a XXVIII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico que reunión a alcaldes dos 35 municipios, galegos e portugueses que a integran.


Segundo trasladou nun comunicado o Eixo Atlántico, que celebrou a súa asemblea xeral na localidade lusa de Matosinhos, os retos desta entidade tamén pasarán pola cohesión social e a necesidade de dar solucións á crise demográfica de ambas as rexións.Así, comezouse a deseñar unha estratexia con solucións para paliar o despoboamento que se remitirá aos gobernos centrais de España e Portugal e á Xunta de Galicia.


Asemblea EixoAtlantico03

Asemblea do Eixo Atlántico en Ferrol



Tamén se elaborou un informe sobre a situación da demografía na zona e unha proxección da mesma ata 2040, ademais de exporse reunións cos ministros de infraestruturas de ambos os países para reclamar melloras neste sentido.

Adicionalmente, na sesión do Eixo Atlántico, aprobouse un orzamento de 3,9 millóns para este ano cuxo 80 por cento destinarase ás actividades que leva a cabo a entidade.


O ALCALDE DE BRAGA REPITE COMO PRESIDENTE

Así mesmo, ratificouse a incorporación de Póvoa de Varzim e Culleredo e nomeouse ao alcalde de Braga, Ricardo Rio, como presidente da entidade por segunda vez.

Mentres, a vicepresidenta será a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o presidente da Mesa da Asemblea, o rexedor do Barco, Alfredo García; e a vicepresidenta da Mesa, a alcaldesa de Matosinhos, Luisa Salgueiro.


Tamén se escolleu como vogais aos rexedores de Pontevedra, Lalín, Santiago de Compostela, Bragança, Mirandela e Viana do Castelo. Vigo e O Porto exercerán ademais como membros permanentes da Comisión Executiva.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE