incendios forestais

O persoal contra incendios de tres meses reinvindica que seguen sendo necesarios

Reclaman participar nos labores de recuperación forestal, que a Xunta deixa en mans privadas.

"A única solución para atallar os incendios pasa por conseguir que exista actividade rural"

Un profesor da USC afirma que "hai comarcas en Galicia que viven dos incendios" e centra o foco no abandono da terra.

Ángeles Vázquez: "Contratos coma os de 2012 tívenos que volver facer eu agora mesmo"

A conselleira de Medio Rural defende que os contratos polos que Fernández-Couto está imputado son correctos e eran necesarios para reorganizar o operativo contra incendios.

Traballadores contra incendios volven ao paro mentres a Xunta mantén a Fernández-Couto

CCOO denuncia que Medio Rural cesa este mes o 65% do dispositivo contra o lume e a oposición esixe a destitución do alto cargo.

Remata o período de alto risco de incendios coa Xunta investigada por irregularidades

Nunca en Galicia esta situación chegara a novembro. A Xustiza investiga a contratación de helicópteros tras a chegada de Feijóo.

A Fiscalía denunciou o "quebranto" da "publicidade e legalidade" nos contratos de helicópteros

A denuncia afirma que as decisións dos imputados impediron a "concorrencia doutras posibles empresas interesadas".

Tomás Fernández-Couto, imputado pola adxudicación "sen transparencia" dos helicópteros antiincendios

A oposición pídelle explicacións á Conselleira de Medio Rural. Só falta un informe para pechar a instrución da causa.

Feijóo busca acordos coa Fegamp sobre incendios: "Polos alcaldes non vai ser"

O presidente da Fegamp defende que os concellos son "os primeiros interesados", pero quere ver "propostas sobre a mesa".

Feijóo acepta unha comisión para alcanzar "un acordo de país" sobre política forestal

O presidente insiste na súa comparecencia no "terrorismo incendiario" e a oposición censura a súa "cortina de fume" e esixe cesamentos.

As estimacións da vaga de incendios quedaron curtas, arrasou case 50.000 hectáreas

Son case 14.000 máis que a primeira cifra ofrecida pola Xunta. Feijóo comparece a próxima semana no Parlamento.

Feijóo di que hai "algunha cousa máis" para que o incendiario dos Blancos estea en prisión

O presidente non dá credibilidade a que "estaba a asar uns chourizos" e critica que asociacións e partidos políticos defendan aos seus "amigos".

En Marea e PSdeG reclaman información do impacto do lume en espazos protexidos

"É o momento de facer un balance serio e público", reclama Patricia Vilán.

A Fiscalía decántase pola prisión provisional para os investigados por incendios

Considera que a medida cautelar é "máis propicia" para conseguir testemuños por parte de veciños.

Oito de cada dez incendios clasifícanse como intencionados sen comprobalo

O ministerio distingue entre os lumes nos que se corroborou a causa e os que non, mentres a Xunta non fai públicos os datos

Os últimos incendios forestais queimaron case 9.000 hectáreas de espazos protexidos

Os alcaldes sosteñen que para a 'limpeza' de montes "fan falta medios, cos actuais é bastante complicado".

A Xunta promete actuar para que as terras de pastos queimados poidan cobrar a PAC

A norma europea exclúe das axudas ás terras arrasadas por incendios. "É unha situación de excepcionalidade", xustifica Medio Rural.

Oliver Laxe teme que a súa película sobre os incendios "non estea á altura"

O director de cinema presenta en Ourense as primeiras imaxes do seu próximo filme, no que non sinalará a "culpables".

A Xunta activa o luns 21 millóns para axudas e indemnizacións dos incendios

Ao termo do Consello da Xunta e, a pesar de que no decreto marco as indemnizacións polos falecidos --que a semana pasada cifráronse en 75.000 euros-- aparecían condicionadas a que se demostrase que os lumes foron intencionados, Feijóo esgrimiu que esta formulación responde a "unha cláusula de estilo", pero subliñou que non hai dúbida de que os seus herdeiros cobrarán.

O Eibar recada máis de 3.700 euros para os afectados polos incendios

Fará chegar o diñeiro obtido no despacho de billetes e coa Fila 0 a través de Cruz Vermella.

Campañas de micromecenado buscan axudar ás persoas e animais afectados por incendios

Unha delas ten como destino As Neves, onde se queimou o 90% da superficie, e outra pretende alimentar animais salvaxes.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE