A Xunta activa o luns 21 millóns para axudas e indemnizacións dos incendios
Ao termo do Consello da Xunta e, a pesar de que no decreto marco as indemnizacións polos falecidos --que a semana pasada cifráronse en 75.000 euros-- aparecían condicionadas a que se demostrase que os lumes foron intencionados, Feijóo esgrimiu que esta formulación responde a "unha cláusula de estilo", pero subliñou que non hai dúbida de que os seus herdeiros cobrarán.
Núñez Feijóo anunciou que o seu Goberno concretou nunha única orde conxunta todas as axudas para os afectados pola vaga de incendios que arrasou Galicia a mediados de outubro. A contía total, que é ampliable, sitúase ao redor dos 21 millóns de euros e inclúe as indemnizacións polas catro vítimas mortais. A orde publicarase o luns no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Ao termo do Consello da Xunta e, a pesar de que no decreto marco as indemnizacións polos falecidos --que a semana pasada se cifraron en 75.000 euros-- aparecían condicionadas a que se demostrase que os lumes foron intencionados, Feijóo esgrimiu que esta formulación responde a "unha cláusula de estilo", pero subliñou que non hai dúbida de que os seus herdeiros cobrarán.
"Entendemos que nos catro casos (dúas mortes en Nigrán, unha en Vigo e outra en Carballeda de Avia) os lumes foron intencionados ou traen causa de lumes intencionados", esgrimiu Feijóo, quen tamén desmentiu as acusacións da oposición en relación a que as familias terían que esperar como mínimo a que haxa sentenza.
"A oposición podería preguntar porque non é así. O único que teñen que facer é solicitalo e aboarémolo. Nada de esperar, con independencia de que haxa sentenza firme ou non", aseverou o presidente, quen confirmou, na liña do que xa apuntou o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, que comparecerá no Parlamento o 7 de novembro.
Sobre a petición de dimisións e, en concreto, a do director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, un veterano á fronte desta área, o presidente considerou "inxusto" responsabilizar a unha única persoa, "a este director xeral", do ocorrido.
Escribe o teu comentario