Campañas de micromecenado buscan axudar ás persoas e animais afectados por incendios
Unha delas ten como destino As Neves, onde se queimou o 90% da superficie, e outra pretende alimentar animais salvaxes.
Incendio nas Neves. Foto: gofundme
Varias campañas de recadación de fondos, postas en marcha a través da plataforma de financiamento colectivo 'gofundme', buscan colleitar fondos para os afectados polos incendios forestais que calcinaron 35.000 hectáreas de terreo en Galicia este mes.
A primeira delas, 'Fondos de recuperación para As Neves' ten como obxectivo reunir un total de 10.000 euros para contribuír á reforestación do 90% da superficie deste municipio que se viu afectada polos incendios.
Outra das iniciativas, 'Axúdanos a darlles dea comer' pretende conseguir 3.000 euros para transportar alimento, doado por persoas da propia Comunidade, ata onde están os animais das zonas máis afectadas.
Diso informou a plataforma de micromecenado nun comunicado, no que explicou que ofrece os seus servizos aos cidadáns afectados, organizacións e persoas que queiran axudar a Galicia tras os devastadores incendios para que poidan publicar campañas de recolección de fondos e consigan alcanzar os seus obxectivos.
Escribe o teu comentario