Vigo e Ponteareas habilitan teléfonos e correos para coordinar voluntarios
O Concello de Vigo habilitou un teléfono e un correo electrónico para afectados polos incendios do pasado fin de semana, e para inscribir a persoas que queiran participar como voluntarios nos labores de recuperación dos montes.
Os montes necesitan labores de recuperación.
O Concello de Vigo habilitou un teléfono e un correo electrónico para afectados polos incendios da pasada fin de semana, e para inscribir a persoas que queiran participar como voluntarios nos labores de recuperación dos montes.
Segundo informou o goberno local a través dun comunicado, o teléfono é o 986.616.388 e estará dispoñible para atender aos cidadáns de luns a venres, de 8 a 22 horas, e os sábados de 10 a 14 horas. Por outra banda, o correo electrónico de contacto será atenciondanosevoluntarios@vigo.org.
A través destas dúas canles, o Concello olívico recollerá, por unha banda, os datos de cidadáns que queiran ser voluntarios e, por outro, información sobre danos persoais e materiais daqueles veciños que resultasen afectados polo lume, para elaborar unha listaxe de incidencias e necesidades.
Por outra banda, outros concellos habilitaron tamén canles de comunicación para os afectados, como é o caso de Ponteareas, onde os veciños poden chamar ao teléfono 687.764.206, recorrer ao mail medioambiente@ponteareas.gal ou recibir axuda directamente no Concello.
Neste municipio tamén se publicou, na páxina web municipal, un formulario de inscrición para aquelas persoas que desexen rexistrarse como voluntarios e colaborar nas tarefas de recuperación das zonas afectadas polo lume (http://ponteareas.gal/formulario-alta-voluntariado-recuperacion-incendios/).
Escribe o teu comentario