As vivendas queimadas e a reforestación, prioridades para superar esta vaga de incendios

A Xunta avanza axudas para as persoas que perderon a súa casa e o Goberno comprométese coa recuperación das zonas afectadas.


|

Arbolesmonte


O presidente da Xunta avanzou que unha das primeiras medidas que planea o Executivo autonómico é axudar ás persoas que perderon a súa vivenda habitual debido á vaga de incendios que afectou a Galicia a pasada fin de semana. Pola súa banda, a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, comprometeuse coa reforestación e recuperación das zonas afectadas.


Así, e no marco dunha reunión na sala de coordinación contra incendios de Galicia, Goberno autonómico e central confirmaron que xa teñen en conta as consecuencias que deixan os lumes forestais, con miles de persoas desaloxadas en toda a Comunidade e miles de hectáreas arrasadas.


"Sentímonos arroupados polo Goberno de España e iso é moi importante, e en consecuencia hai que poñelo en valor porque é xusto", manifestou o mandatario autonómico, quen se referiu ás palabras do presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, este luns de visita en Galicia para asegurar que "xa están a pensar na segunda parte".


Neste sentido, Feijóo desvelou que xa se puxeron en contacto coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e mandáronlle unha mensaxe a todos os alcaldes para que lles transmitan se teñen algún veciño que perdeu a súa vivenda habitual.


De feito, avanzou que o Goberno galego "vai avaliar o número de vivendas habituais que se puideron perder, porque esas vivendas hai que recuperalas". Así, "se ten un seguro, que é o lóxico", Feijóo manifestou que a Xunta "terá que axudarlles a cobrar o seguro"; e se non é así, estudará "unha resposta con diñeiro público".


A partir dese feito, o Goberno autonómico fará unha avaliación de danos máis amplos desde o punto de vista ambiental e estará "en contacto" co Ministerio. "Pero a mensaxe que queremos é que desde onte, e especialmente a partir de hoxe, empezamos a segunda parte: a de axudar e garantir que ningunha persoa en Galicia queda sen a súa vivenda habitual", concluíu.


"REFORESTACIÓN"


Pola súa banda, a ministra de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, asegurou que "a axuda virá por parte de todo o Goberno e do Ministerio sen ningunha dúbida". "Especialmente no que ten que ver coa reforestación forestal, imos empregar en restablecer o dano causado", afirmou.


E mentres se suceden estes anuncios, numerosos cidadáns comezaron a organizarse a través de grupos de mensaxería e nas redes sociais para axudar aos animais domésticos desprazados polos incendios e para tratar de recuperar a terra queimada.


relacionada O balance de superficie queimada nestes días supera á do resto do ano
relacionada Miles de persoas maniféstanse contra os incendios e a política forestal da Xunta

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE