Denuncian "os primeiros ataques" de lobos a ganderías tras os incendios en Ourense

O SLG di que estes ataques son habituais pero están a agravarse.


|

Lobosganado


O Sindicato Labrego Galego (SLG) denunciou os "primeiros ataques" de lobos a ganderías tras os incendios rexistrados na serra de San Mamede (Ourense).


Concretamente, segundo informou nun comunicado, tiveron constancia dun ataque de lobos sobre unha gandería na parroquia de Anuilde, en Vilar de Barrio, co resultado dunha vaca e un becerro mortos.


Ao respecto, lembra que se dá a circunstancia de que estivo a arder a serra de San Mamede "sen que houbese ningún continxente contra incendios" que se encargase de extinguir o lume.


O SLG asegura que neste lugar "son habituais" os ataques de lobos sobre gando, problema que, "con toda probabilidade", estase "agora agravando".


E é que, advirte, os últimos incendios puideron afectar gravemente os territorios de caza e posibles presas de lobos que habitualmente habitan estes montes, polo que "agora mesmo, a única maneira que van ter para sobrevivir ao inverno será volver cazar e alimentarse nas granxas que hai na comarca".


"DESASTROSA XESTIÓN"


O Sindicato Lagrego Galego volveu denunciar a "desastrosa xestión" que, ao seu xuízo, están a facer as consellerías de Medio Ambiente e de Medio Rural á hora de garantir a convivencia da fauna salvaxe coas actividades agrarias e gandeiras.


"Esa política limítase a indemnizar os danos dunha maneira deficiente pois, se tes sorte de ter dereito a indemnización, esta é manifestamente escasa, obriga a unha enorme carga burocrática e, aínda por encima, a administración tarda ao redor de dous anos en ingresarche o diñeiro", denuncia.


Ademais, este sindicato sinalou que "o peor" é que "as políticas preventivas para evitar estes ataques son nulas por parte da Xunta", que abandona as granxas á súa sorte "escudándose en subvencionar sistemas preventivos que non sempre é posible aplicar".


relacionada ADEGA denuncia indicios de "prevaricación administrativa" nas batidas do lobo
relacionada A Xunta aproba 380.000 euros de axudas para paliar os danos por ataques de lobo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE