As estimacións da vaga de incendios quedaron curtas, arrasou case 50.000 hectáreas

Son case 14.000 máis que a primeira cifra ofrecida pola Xunta. Feijóo comparece a próxima semana no Parlamento.


|

Incendioceaquemado 1


As medicións definitivas elevan a un total de 49.171 a cifra de hectáreas queimadas na vaga de incendios ocorrida a fin de semana do 15 de outubro, case 14.000 hectáreas máis das inicialmente contabilizadas. Esa fin de semana, Galicia sufriu 264 incendios forestais.


Da cifra informou este venres a Xunta a través dun comunicado, catro días antes de que o presidente do Goberno galego compareza no pleno do Parlamento para informar do dispositivo de incendios durante a vaga de incendios de mediados de outubro.


Concretamente, das 49.171,59 hectáreas, o 53,08% foi de monte arborizado (26.098,13 hectáreas), mentres que a superficie rasa alcanzou o 46,92% (23.073,46 hectáreas).


Se se analiza por provincias, e sempre de acordo aos datos facilitados pola Consellería do Medio Rural, a de Ourense foi a máis afectada, con 22.623,23 hectáreas; seguida de Pontevedra, con 20.085,86; Lugo, con 5.734,45 hectáreas; e A Coruña, con 728,05 hectáreas.


Ademais, o 23,14% do total de hectáreas calcinadas correspóndese con superficie danada en Rede Natura. Son 11.376,69 hectáreas, das cales 6.769,39 correspóndense coa provincia de Ourense e 4.523 coa de Lugo, as dúas provincias con maior afectación neste tipo de superficie.


TERCEIRO MÁXIMO HISTÓRICO


Ata a vaga de incendios de mediados de outubro, arderan en Galicia 12.600 hectáreas, co que, sumadas as máis de 49.000 da vaga de incendios, 2017 xa contabiliza 61.771 hectáreas de superficie queimada.


Esta cifra significa que 2017 sse sitúa como terceiro ano dos últimos 30 en que máis hectáreas se viron afectadas polos incendios forestais, coa excepción de 2006 e 1989, e a pesar de que aínda faltan dous meses para finalizar o exercicio.



relacionada A Fiscalía decántase pola prisión provisional para os investigados por incendios
relacionada Oito de cada dez incendios clasifícanse como intencionados sen comprobalo
relacionada Os incendios da fin de semana arrasaron máis que en todo 2014, 2015 e 2016 xuntos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE