Os incendios da fin de semana arrasaron máis que en todo 2014, 2015 e 2016 xuntos

A Xunta estima que nos últimos días arderon unhas 35.500 hectáreas, que suman unhas 48.100 en todo este ano.


|

IncendioceaquemadoZona queimada en San Cristovo de Cea. Foto: @mapamagob


A vaga de incendios da pasada fin de semana en Galicia arrasou cunhas 35.500 hectáreas, segundo as estimacións provisionais da Xunta.


Esta cifra supón máis que o queimado entre os anos 2014 (1.991 hectáreas calcinadas), 2015 (12.234 hectáreas) e 2016 (21.118 hectáreas) xuntos.


Ás 35.500 hectáreas da fin de semana hai que sumar as 12.600 hectáreas que arderan ata ese momento no que vai de ano, o que ofrece un total de 48.100 queimadas en 2017.


A CUARTA MAIOR EXTENSIÓN EN 25 ANOS


Estas 48.100 hectáreas supoñen o segundo ano con máis superficie calcinada en Galicia desde a vaga de incendios de 2006 (entón foron 95.947 hectáreas).


De feito, xa é o cuarto exercicio con máis hectáreas queimadas nos últimos 25 anos, só superado en 2006, 2005 (57.452 hectáreas) e 1998 (48.173).


Nun comunicado, a Consellería do Medio Rural apunta que "traballa intensamente na cuantificación de danos, tanto persoais como ambientais", á vez que espera que "caia todo o peso da lei" sobre "os responsables deste terrorismo incendiario".


TODOS OS INCENDIOS CONTROLADOS


Todos os incendios que seguen afectando a Galicia están baixo control dos servizos de extinción, segundo a información da Consellería do Medio Rural, que cifra en 37 os lumes que faltan por extinguir.


O único incendio forestal activo á primeira hora da mañá localizábase na Gudiña, pero puido ser controlado antes do mediodía. Outros dous puideron ser extinguidos.


Os incendios que quedan por extinguir atópanse sobre todo nas provincias de Pontevedra e Ourense. A Lugo afectan unicamente catro.



relacionada As vivendas queimadas e a reforestación, prioridades para superar esta vaga de incendios
relacionada O balance de superficie queimada nestes días supera á do resto do ano
relacionada Miles de persoas maniféstanse contra os incendios e a política forestal da Xunta

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE