"A única solución para atallar os incendios pasa por conseguir que exista actividade rural"

Un profesor da USC afirma que "hai comarcas en Galicia que viven dos incendios" e centra o foco no abandono da terra.


|

Incendioribasdesilbriflaza


O profesor de Produción Vexetal e Enxeñaría da USC Manuel Marey asegurou que "hai comarcas en Galicia que viven dos incendios", xa que "a súa principal axencia de colocación de traballadores é o servizo de extinción", no marco dun "modelo caciquil de control de territorio".


Por iso, chama a "romper coa dinámica" da industria económica que xeran os incendios, pois "unha empresa non pode gañar diñeiro á conta do lume".


Así o apuntou esta semana no Foro Claridade, celebrado en Ourense, co obxectivo de "reflexionar sobre o problema dos incendios en Galicia". Alí, Marey manifestou a "necesidade de renovación do servizo de extinción (creado en 1990) para adaptarse ás circunstancias actuais".


Na súa opinión, Galicia "divídese en dúas zonas" fronte aos incendios. Por unha banda, están as zonas de "maior concentración" da industria forestal, que "son as que menos arden"; mentres que aqueles lugares con maior número de lumes son "as terras abandonadas con máis maleza".


O profesor da USC apuntou que se cando o lume "arrasa o monte" se exerce a presión sobre os propietarios, estes acabarán "por abandonar a actividade forestal, agravando o problema". Ten que haber "unha planificación do territorio", porque "o seu abandono é a principal causa de que o monte arda", apuntou.


ACUMULACIÓN DE BIOMASA


O profesor de Produción Vexetal e Enxeñaría explicou que o abandono rural xera a acumulación da biomasa. De tal forma, "ante circunstancias excepcionais" (ventos de máis de 30 quilómetros por hora, máis de 30 graos de temperatura e unha humidade por baixo do 30%) vólvese "imposible atallar o lume".


Para o profesor Marey o problema é "especialmente intenso" no caso galego, xa que "a única solución para atallar o problema pasa por conseguir que exista actividade rural", algo do que "Galicia carece actualmente". Sobre esta cuestión, o experto pretende que "a acumulación de combustible con prados, cultivos e terras de labor" actúen como devasas naturais.


Neste sentido, o presidente de Asefoga e o responsable de desenvolvemento rural de Unións Agrarias, Jacobo Feijóo, se se "fracasa" neste labor "o territorio vai quedar a mercé do lume", e "a relación custo-eficacia" será "moi alta".


Uno dos membros do servizo de defensa contra os incendios e delegado de FeSP-UXT, Elías Blanco, incidiu en que "hai zonas que arden de maneira reiterada". Neste sentido, explicou que "os incendiarios son da zona" e "o radio de actuación é inferior a 10 quilómetros".


relacionada Expertos en prevención de incendios acudirán á Cámara durante os próximos meses
relacionada Ángeles Vázquez: "Contratos coma os de 2012 tívenos que volver facer eu agora mesmo"
relacionada Traballadores contra incendios volven ao paro mentres a Xunta mantén a Fernández-Couto

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE