Ángeles Vázquez: "Contratos coma os de 2012 tívenos que volver facer eu agora mesmo"

A conselleira de Medio Rural defende que os contratos polos que Fernández-Couto está imputado son correctos e eran necesarios para reorganizar o operativo contra incendios.


|

Angelesvazquezparlamento


A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, defendeu este martes a Tomás Fernández-Couto, director xeral de Ordenación Forestal investigado por suposta prevaricación en contratos de helicópteros anti incendios.


Cuestionada sobre se manterá ao alto cargo no caso de que se lle abra xuízo oral, Ángeles Vázquez eludiu pronuciarse sobre esta posibilidade, pero defendeu que aquel procedemento se fixo por "urxencia".


"Eses contratos tívenos que volver facer eu agora mesmo", declarou. A titular do departamento autonómico defendeu ese procedemento para poder reorganizar "rapidamente" o operativo contra incendios, "algo que se fixo tamén en 2012".


Ángeles Vázquez, ademais, cuestionou se "aqueles que nun momento denunciaron, van volver denunciar agora?". Así mesmo, defendeu que "polo que me trasladan, o realizado (nos contratos do 2012) foi correcto, do mesmo xeito que entendo que o que realicei eu agora mesmo foi correcto".


relacionada Traballadores contra incendios volven ao paro mentres a Xunta mantén a Fernández-Couto
relacionada Remata o período de alto risco de incendios coa Xunta investigada por irregularidades
relacionada Tomás Fernández-Couto, imputado pola adxudicación "sen transparencia" dos helicópteros antiincendios
relacionada A Fiscalía denunciou o "quebranto" da "publicidade e legalidade" nos contratos de helicópteros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE