Tomás Fernández-Couto, imputado pola adxudicación "sen transparencia" dos helicópteros antiincendios

A oposición pídelle explicacións á Conselleira de Medio Rural. Só falta un informe para pechar a instrución da causa.


|

TomasfernandezcoutoTomás Fernández-Couto, actual director xeral de Ordenación Forestal.


O director xeral de Ordenación Forestal da Xunta, Tomás Fernández-Couto, atópase investigado por un presunto delito de prevaricación nunha causa aberta polo xulgado de instrución número 3 de Santiago pola adxudicación do servizo de helicópteros de loita contra incendios nas campañas 2011, 2012 e 2013.


A instrución iniciouse tras unha denuncia presentada pola Fiscalía no ano 2013. Ademais de Fernández-Couto --que xa declarou como investigado en abril-- atópanse investigados outros dous ex altos cargos da Xunta: o ex secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural Francisco José Vidal Pardo e o ex subdirector xeral de prevención contra incendios José Carlos Costas López.


Nestes momentos o maxistrado titular do xulgado está á espera dun informe do Seprona, que considera complexo, para poder tomar unha decisión sobre a causa. "En principio, e sen prexuízo de que á vista do informe se poidan tomar outras decisións, esta sería a única dilixencia de investigación pendente para poder pechar a causa", informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).


En agosto de 2012, a CIG presentou ante a Fiscalía denuncia por adxudicación a Inaer dos helicópteros polo que consideraba un delito de prevaricación ao non chegar a Xunta a publicar o concurso á que "adxudicou a dedo un contrato de 6,6 millóns de euros sen o procedemento requirido". Tras iso, Fiscalía presentou querela no xulgado en 2013.


INFORME DE CONTAS


Nun informe do Consello de Contas de 2014 figura que o contrato asinado en 2008 con Inaer foi obxecto de dous prórrogas que finalizaron o 30 de decembro de 2011, polo que a prestación do servizo continuou en 2012 "sen a preceptiva cobertura contractual".


En 2013, a Xunta adxudicou a Inaer o contrato de helicópteros antincendios tras declarar previamente deserto o concurso ao que se presentaron dúas empresas, tanto Inaer como Helibravo Aviación, por non cumprir todas as normas do prego.


A este respecto, Contas sinala que o órgano de contratación resolveu declarar deserto o procedemento aberto e iniciar un procedemento negociado sen publicidade, por tramitación urxente, "pero modificando o contido dunha das cláusulas do pliegue de prescricións técnicas do anterior procedemento aberto que non se adecuaba aos protocolos que fixa a Axencia Estatal de Seguridade Aérea en materia de navegación". Unha "modificación substancial" na convocatoria "con infracción dos principios de publicidade e transparencia".


A OPOSICIÓN PIDE RESPONSABILIDADES


Os tres grupos da oposición --PSdeG, BNG e En Marea-- pediron conxuntamente a comparecencia da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, ha raíz da imputación do director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto.


Así, toda a oposición reaccionou conxuntamente tras coñecerse a investigación ao máximo responsable da loita contra os incendios forestais por irregularidades na contratación de medios aéreos.


FEIJÓO APOIA O ALTO CARGO


Núñez Feijóo, pola súa banda, avalou a Tomás Fernández-Couto, investigado por un suposto delito de prevaricación. "A Asesoría Xurídica trasládanos que as cousas se fixeron correctas e esperemos que así se albisque no xulgado", esgrimiu.


"Salvo que me equivoque, esa información xa a coñeciamos desde hai tempo; non ese director, senón dous cargos máis no mesmo expediente por facer de forma urxente (a contratación) dun servizo de helicópteros ou cuadrillas, non o lembro", sinalou, preguntado acerca de se adoptara a Xunta algunha decisión sobre Fernández-Couto, antes de engadir que o caso "non é ningunha novidade para o Goberno".


relacionada Feijóo busca acordos coa Fegamp sobre incendios: "Polos alcaldes non vai ser"
relacionada Feijóo acepta unha comisión para alcanzar "un acordo de país" sobre política forestal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE