A Xunta promete actuar para que as terras de pastos queimados poidan cobrar a PAC

A norma europea exclúe das axudas ás terras arrasadas por incendios. "É unha situación de excepcionalidade", xustifica Medio Rural.


|

AsnevesarboincendiosquemadoZona queimada nas Neves.


A Xunta estudará "caso por caso" que os gandeiros afectados polos incendios forestais poidan cobrar as axudas da Política Agraria Común (PAC) de cara ao ano próximo.


Diso deu conta a titular de Medio Rural en declaracións aos medios nun acto xunto a representantes de dez municipios galegos para a cesión de 211 parcelas do 'Banco de Terras' a estes concellos.


Vázquez sinalou que o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), órgano dependente do Ministerio de Agricultura, deu luz verde á Xunta para que esta poida "loitar por que os gandeiros poidan cobrar a PAC de cara ao próximo ano".


E é que, segundo a normativa actual, aquelas terras destinadas ao pasto de animais que resultasen queimadas en incendios quedan excluídas do cobro das axudas comunitarias.


O obxectivo da Xunta, en palabras da conselleira, é que os gandeiros "non sexan unha vítima máis" dos lumes e, deste xeito, aseverou que o Executivo autonómico "está a traballar a favor de que non sexan prexudicados na próxima PAC".


Así as cousas, Medio Rural estudará "caso por caso" os incendios que afectaron a terras de pasto, prestando especial atención a "os inicios" dos lumes e a "como influíu a velocidade do vento en arrasar hectáreas" que "noutras condicións" meteorolóxicas veríanse "moito menos" afectadas.


A continuación, asegurou que "a situación de Galicia foi distinta" e que a "problemática" dos incendios non ten "nada que ver" cos gandeiros. "É unha situación de excepcionalidade", apostilou.


relacionada A Xunta activa o luns 21 millóns para axudas e indemnizacións dos incendios
relacionada Alcaldes da área viguesa pedirán axudas para recuperar os danos dos incendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE