folga

A primeira asemblea da limpeza da Coruña apoia desconvocar a folga

Son os traballadores da quenda de noite, pero faltan por pronunciarse os operarios doutras dúas quendas. A decisión coñecerase o sábado.

Aena sanciona á empresa de seguridade Eulen, da que é apoderada en Galicia a irmá de Núñez Feijóo

O Aeroporto de Barcelona-El Prat leva semanas vivindo colas de varias horas e os traballadores anuncian unha folga.

Traballadores e empresas de buses chegan a un acordo que "vale ás dúas partes"

A folga do sector queda desconvocada de forma definitiva se os traballadores ratifican o resultado das negociacións.

Xulio Ferreiro non consegue un achegamento para frear a folga de limpeza

O alcalde de A Coruña insiste en que non hai "condicións obxectivas" para a mobilización dos traballadores, pero pide "diálogo".

Os traballadores da limpeza da Coruña convocan unha folga indefinida

Comezará o 11 de agosto e desenvolverase "con paros intermitentes". Reivindican os dereitos que dita o convenio do sector.

A manifestación do metal conseguiu colapsar o tráfico de acceso á Coruña

Varios miles de traballadores marcharon pola cidade como presión para desbloquear a negociación do convenio do sector.

O conflito dos buses necesita mediadores para tentar algún avance

A folga seguirá suspendida polo menos ata a semana que vén. As empresas recorreron o plan da Xunta.

Máis de 100 empresas interésanse polos novos contratos do transporte

Adxudicaranse 41 paquetes de liñas de autobuses. Entre hoxe e mañá retómanse as negociacións nas catro provincias.

A folga dos examinadores de Tráfico

Por se fose pouca cousa o da folga de examinadores de Tráfico, están a cargarse de forma masiva os pobres examinados, que non teñen ningunha culpa da lea.

Citroën trata de esquivar a xornada de folga en Vigo con traballadores de fóra

Os sindicatos piden á empresa "diálogo" e explican que a produción deste sábado son "70 coches menos" e con "deficiencias de calidade".

Suspendida a folga de autobuses ao alcanzar un principio de acordo salarial

As asembleas de traballadores votarán cada semana se manteñen este levantamento dos paros ata o 2 de agosto.

Os traballadores dos autobuses manteñen os plans de folga indefinida

As patronais de Lugo e Ourense, as máis afectadas na primeira fase do plan, non dan mostras de achegamento.

A vitoria da tenacidade

Foi a tenacidade das traballadoras e traballadores, a presión continua mantida, a que propiciou as reunións e a que facilitou o acordo que puxo fin á folga do 112 en Galicia.

Conta atrás para evitar que a folga de autobuses sexa indefinida

UXT e CCOO asinan coa Xunta un acordo de cláusulas sociais para os novos convenios. As empresas piden "un xesto" de achegamento.

400 exames de conducir, suspendidos pola folga en Tráfico

Só 2 dos 43 examinadores de Galicia non apoiaron este luns a medida de presión contra o Goberno.

A folga do transporte, ás portas de entrar nun "canellón sen saída"

O presidente da CEG augura efectos "moi importantes" na economía se se fai indefinida a partir deste próximo xoves.

Xornada de folga 'informal' na Citroën de Vigo cun seguimento "case total"

A empresa recorreu a traballadores "eventuais ou con contratos precarios" para non parar a produción.

O goteo de folgas sectoriais, unha ofensiva para recuperar dereitos

Tras uns anos "á defensiva", CC.OO. non descarta un incremento das mobilizacións, aínda que aposta de primeiras pola negociación colectiva.

Os traballadores do 112 conseguen as súas demandas e dan por finalizada a folga

Tras 83 días, arrincaron á Xunta unha subida de soldo dun 10% para compensar os gastos, aínda que seguirán pelexando polo sistema informático.

As protestas do metal esténdense á provincia de Pontevedra

Os traballadores volveron saír á rúa en Ferrol, A Coruña e Santiago na cuarta xornada de folga, con seguimento "masivo".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE