Aena sanciona á empresa de seguridade Eulen, da que é apoderada en Galicia a irmá de Núñez Feijóo
O Aeroporto de Barcelona-El Prat leva semanas vivindo colas de varias horas e os traballadores anuncian unha folga.
Aena respondeu de forma contundente á folga anunciada polos traballadores do control de seguridade do Aeroporto de Barcelona-El Prat: abrirá dous procesos sancionadores a Eulen, empresa da que a irmá do presidente da Xunta, Micaela Feijóo, é apoderada en Galicia e sobre a que existe a sospeita de favoritismo.
A multa está motivada por presuntas deficiencias no servizo de seguridade nas últimas semanas que ocasionou colas de ata tres horas. As sancións son monetarias, cun importe máximo que podería alcanzar os 300.000 euros.
Eulen ampliou o seu persoal pero non foi capaz de normalizar os controis de seguridade e reducir as súas colas.
Escribe o teu comentario