Xornada de folga 'informal' na Citroën de Vigo cun seguimento "case total"

A empresa recorreu a traballadores "eventuais ou con contratos precarios" para non parar a produción.


|

Citroenvigo 10Liña de produción de PSA en Vigo.


A xornada de folga 'informal' convocada este sábado en PSA Citroën de Vigo está a ter un seguimento "case total" entre os traballadores, segundo detectaron os sindicatos, que informaron, ademais, de "irregularidades" detectadas.


En declaracións a Europa Press, o representante de CUT, Vítor Mariño, lembrou que a convocatoria deste sábado --previa á oficial do próximo-- era informal, pero que, aínda así, o seguimento "é case total".


A adhesión ao paro está condicionada polo feito de que parte do persoal ten obrigatoriedade de asistencia, mentres que entre os que non a teñen "o seguimento é total".


A maiores, os sindicatos alertaron de que a empresa recorreu para cubrir as vacantes motivadas polo paro a traballadores aos que non correspondería entrar na quenda de mañá deste sábado, dado que "terminaron a súa xornada laboral do venres ás 10 da noite" e "non descansaron as 12 horas" que establece a normativa como mínimo.


Por iso, e ante o risco de que se repitan estas "irregularidades" o día 15, os sindicatos poñerán en coñecemento da Inspección de Traballo a situación destes traballadores, "moitos deles eventuais ou con contratos precarios".


Do mesmo xeito, a ausencia nos seus postos dos "titulares dos postos", informou Mariño, está a provocar "moitas paradas por problemas de calidade" nos vehículos fabricados. "A empresa está a tentar romper o bloqueo baixando a calidade", criticou o sindicalista, que apelou á "responsabilidade" da firma.

relacionada PSA Peugeot Citroën pecha un acordo para comprar Opel
relacionada Preto de mil traballadores protestan pola "sobrecarga" de traballo en PSA
relacionada "Ritmo frenético" e condicións de traballo "aberrantes" para o persoal de PSA

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE