PSA Peugeot Citroën pecha un acordo para comprar Opel
A previsión é que as dúas compañías anuncien un acordo definitivo o vindeiro luns, xusto antes do inicio do Salón Internacional do Automóbil de Xenebra.
O Grupo PSA alcanzou un acordo co consorcio estadounidense General Motors para a adquisición da súa filial alemá Opel e recibiu o apoio por parte do seu consello de administración para pechar a operación, segundo informaron a Reuters fontes próximas á negociación.
A previsión é que as dúas compañías anuncien un acordo definitivo o vindeiro luns, xusto antes do inicio do Salón Internacional do Automóbil de Xenebra.
O Grupo PSA e General Motors anunciaron a mediados do pasado mes de febreiro que estaban en negociacións en relación cunha posible venda de Opel ao xigante francés, co obxectivo de mellorar a súa rendibilidade e a súa eficiencia.
O grupo que preside Carlos Tavares afirmou que traballa con General Motors desde 2010 nunha alianza industrial que xera "substanciais sinerxias" e afirmou que, neste contexto, as dúas compañías examinan regularmente diferentes posibilidades de expansión adicionais.
Así, subliñou que entre as diferentes iniciativas estratéxicas que estaba a valorar en relación coa mellora da rendibilidade e da eficiencia operativa atopábase a potencial adquisición da firma automobilística alemá Opel.
Escribe o teu comentario