eucalipto

Aparatoso accidente cun ferido ao envorcar un camión con madeira de eucalipto

Espectacular accidente de tráfico este luns pola mañá nunha estrada nacional. Un camión dos que transporta troncos de eucalipto envorcou levándose por diante unha pickup, ferindo gravemente o condutor do outro vehículo.

A Xunta defende o eucalipto ante a Xustiza alegando que xa non quedan bosques naturais
O Concello lamenta que a Xunta basee os seus argumentos en que, dado que os hábitats "xa foron esquilmados, non queda nada que preservar"
A folga para a subministración de eucalipto, din os transportistas, pero ENCE négao
A Asociación de Transportistas Uita cifrou nun 90% o seguimento da folga de transportistas que fornece madeira á empresa Ence.
533 hectáreas menos de eucalipto grazas ao traballo de voluntarios

Mentres a Xunta segue a potenciar a polémica especie aumentado a superficie prevista no seu Plan Forestal, cada vez son máis os colectivos de voluntarios que se dedican á "deseucaliptización". Só as brigadas de Verdegaia, en colaboración con colectivos locais, arracaron 500 hectáreas no que vai de ano.

(VÍDEO) Os incendios de Galicia un ano despois: causas e consecuencias

Hai pouco máis dun ano o monte galego foi arrasado por unha vaga de incendios brutal, que se cobraron varias vidas. Os equipos de extinción foron incapaces de conter o lume durante varios días durante unha crise que, desgraciadamente, se reptite cíclicamente ante a impotencia da sociedade.

O eucalipto, árbore pantasma na presentación do novo Plan Forestal

A Xunta de Galicia presentou hoxe o seu Plan Forestal. Durante os 10 minutos que o presidente dedicou a presentalo non nomeou nin unha soa vez a palabra eucalipto. Cando tomou o estrado a conselleira de Medio Rural na rolda de prensa tras o Consello da Xunta tampouco nomeou este arbol. De feito, a palabra "eucalipto" nin aparece na nota de prensa de presentación do plan, a pesar de ser o activo económico máis importante do monte galego e foco dunha gran polémica pola súa relación cos incendios.

"A resposta social ás Brigadas Deseucaliptizadoras está a ser realmente espectacular"

O sábado 26 a Brigada do Ribeiro deseucaliptizará unha parcela en Lentille, Cenlle. "É fundamental o compromiso dos titulares coa conservación dos valores naturais que se queren protexer e recuperar", subliñan desde a asociación. 


Voluntarios limparán de mimosas un municipio recentemente afectado polos incendios

O eucalipto non é a única especie foránea que invade os montes galegos empobrecendo o ecosistema e favorecendo os incendios forestais. Tamén o son as variedades de acacias que avanzan imparables nos vales do interior.

Eucaliptos, carballos ou piñeiros: que arde máis rápido?

A Sociedade Galega de Historia Natural propúxose resolver o debate dos eucaliptos e o lume. "Fronte aos que afirman case que os eucaliptos arden por combustión esontánea e os que defenden a posición diametralmente oposta, o máis sensato é unha análise seria e rigorosa da información dispoñible".

Manifestación para poñerlle freo ao eucalitpto e defender un monte público

Este domingo, 22 de abril, unha das organizacións de comunidades de montes que hai en Galicia, a ORGACCMM, convoca unha manifestación para reclamar unha nova política forestal. Chega nun momento clave. A Xunta está a tramitar o novo plan forestal que, a pesar de recoñecer que o eucalipto é un dos factores detrás dos continuos incendios, prevé polo menos ata 25.000 hectáreas máis desta especie e como máximo 50.000 hectáreas máis.


Brigadas deseucaliptizadoras para recuperar a biodiversidade en Galicia

A Asociación Ecoloxista Verdegaia, a Sociedade Histórica e Cultural Coluna Safins e a Comunidade do Monte Veciñal de Froxán presentan as Brigadas deseucaliptizadoras o próximo 21 de abril.

Dez razoes polas que arde o monte galego

62 especialistas compareceron na Comisión de de Investigación sobre os incendios, que acaba de rematar. As súas opinións permiten albiscar porqué Galicia arde ano tras ano. E non, non é porque haxa ningunha trama incendiaria, como apuntou o presidente da Xunta. Presidente que, por certo, negouse a comparecer, como tamén se negaron os militares e o mesmo Delegado do Goberno.

Dez razoes polas que arde o monte galego

62 especialistas compareceron na Comisión de de Investigación sobre os Incendios, que acaba de terminar. As súas opinións permiten albiscar porqué Galicia arde ano tras ano. E non, non é porque haxa ningunha trama incendiaria, como apuntou o presidente da Xunta. Presidente que, por certo, negouse a comparecer, como tamén se negaron os militares e o mesmo Delegado do Goberno.

​Arco Iris ve como un "disparate ilegal" o novo plan forestal da Xunta que incrementa as plantacións de eucalipto

A asociación ecoloxista insta á Consellería do Medio Rural a "renunciar de inmediato a este disparate" e a garantir a supervivencia do bosque autóctono.

Movementos en ENCE: novo conselleiro, 160 millóns captados e un proxecto de I+D en Pontevedra

ENCE, a empresa da polémica celulosa de Pontevedra, publicou dous cambios relevantes estes días no Rexistro Mercantil. Son a inscrición de 160 millóns de euros en obrigacións e un nomeamento no seu Consello de Administración.


​A reportaxe sobre o eucalipto que non verás na TVG

O interese polos incendios e o monocultivo do eucalipto en Galicia traspasa fronteiras. A cadea francesa de televisión FranceInfo emitiu a noite do pasado luns unha reportaxe acerca da situación forestal de Galicia crítico coa expansión deste especie.

A maior papeleira portuguesa fíxase en Galicia para se asegurar eucaliptos

A nova lexislación do país veciño limita a expansión desta especie no seu territorio, sinalada a raíz do incendio de Pedrógão Grande.

Cales son as árbores que máis arden das que hai nos montes galegos?

Adega contraataca a campaña de lavado de cara que ENCE pretende levar a cabo cos eucaliptos.

PSdeG denuncia que a Xunta deixou 39 millóns en prevención de incendios sen executar

Cargan contra o "continuísmo" da política forestal autonómica, e lamentan que estea presidida polo "descontrol". 

Senra reclama no Parlamento Europeo que o eucalipto sexa declarado especie invasora

Ence posiciónase a favor da especie alegando que a súa xestión responsable supón unha das medidas máis eficaces na loita contra os incendios


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE