Voluntarios limparán de mimosas un municipio recentemente afectado polos incendios

O eucalipto non é a única especie foránea que invade os montes galegos empobrecendo o ecosistema e favorecendo os incendios forestais. Tamén o son as variedades de acacias que avanzan imparables nos vales do interior.


|

O eucalipto non é a única especie foránea que invade os montes galegos empobrecendo o ecosistema e favorecendo os incendios forestais. Tamén o son as variedades de acacias que avanzan imparables nos vales do interior.



1200px Acacia dealbata

Acacia / Alberto Salgueiro


Unha zona nas que proliferan é O Ribeiro. Alí Verdegaia organiza unha roza nunha hectárea e media. En concreto, no Concello de Cenlle. Precisamente aló acaban de arder 20 hectáreas nun incendio iforestal. "Este incendio ilustra o problema que supón a acacia no Ribeiro" argumenta o colectivo ecoloxista.


Verdegaia busca voluntarios para o traballo, que deben inscribirse antes do 20 de maio. A acción de erradicación das mimosas terá lugar o 26 de maio e forma parte do voluntariado para promover a desaeucaliptización do rural, aínda que neste caso a especie obxectivo é outra.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE