Brigadas deseucaliptizadoras para recuperar a biodiversidade en Galicia
A Asociación Ecoloxista Verdegaia, a Sociedade Histórica e Cultural Coluna Safins e a Comunidade do Monte Veciñal de Froxán presentan as Brigadas deseucaliptizadoras o próximo 21 de abril.
A de Verdegaia, a Sociedade Histórica e Cultural Coluna Safins e a Comunidade do Monte Veciñal de Froxán foi a candidatura gañadora da axuda da European Outdoor Conservation Association (EOCA). Un total de 29.000€ que se utilizarán en dous anos serán destinados a eliminar 20 hectáreas de Especies Exóticas Invasoras (EEI) e plantar 10.000 árbores autóctonas no mesmo espazo.
O sábado 21 de abril presentan enFroxán deseucaliptizadoras, cuadrillas de voluntariado ambiental co obxectivo de erradicar as EEI para que as zonas intervidas non volvan entrar en risco de incendio e, lonxe diso, actúen como "devasas verdes e corredores de biodiversidade", segundo explica Verdegaia na súa web.
A idea é que as Brigadas sexan un formato para que entidades locais e particlares poidan ampliar o proxecto por todo o país e traballar na "deseucliptización e conservación dos hábitats autóctonos a longo prazo".
Agendada a presentación para o 21 de abril, as entidades organizadoras convidan a participar a calquera persoa con inquietudes ambientais, xa sexa como brigadista ou incorporando parcelas.
UNO ENTRE 150
O premio EOCA busca os mellores proxectos para protexer especies ou hábitats ameazados cun traballo práctico de conservación. A candidatua de Verdegaia, a Sociedade Histórica e Cultural Coluna Safins e a Comunidade do Monte Veciñal de Froxán foi seleccionada como unha de as 14 finalistas entre as propostas de 150 organizacións sen fins lucrativos de todo o mundo (excepto América do Norte).
Escribe o teu comentario