Uzal, candidato de Falanxe, alto cargo de Feijóo e Rueda e agora blanqueador condenado a 19 anos
A Audiencia Nacional ha condenado a José Norberto Uzal Tresandí, exdirector xeneral de Administración Local da Xunta de Galicia, a unha pena que rolda os vinte anos de prisión polo seu papel central na fraude de IVE de hidrocarburos, un dos maiores escándalos que salpican o sector empresarial e político galego recente. Uzal, que exerceu a súa responsabilidade pública entre 2009 e 2013 como director xeral de Administración local, durante o mandato de Alberto Núñez Feijóo e con Alfonso Rueda como conselleiro de Presidencia, foi sinalado como unha das pezas crave dentro da organización criminal centrada na firma Hafesa Enerxía, epicentro do denominado macrofraude de hidrocarburos en España.
O percorrido profesional de Uzal comeza na esfera política galega, onde non só ocupou cargos de relevancia na organigrama autonómico, senón que previamente foi candidato da ultradereitista Falanxe Española Independente nas eleccións europeas de 1994, o que dá conta da súa vinculación ideolóxica ao neofascismo español. De feito, foi líder de alange Española Independente en Galicia durante varios anos antes de pasar ao PPdeG, onde foi concelleiro por Rianxo.
A súa chegada a este cargo produciuse da man de Alfonso Rueda, quen por entón ocupaba unha posto clave no primeiro goberno de Alberto Núñez Feijóo. Antes deste salto ao goberno autonómico, Uzal xa estivera activo na política local, exercendo como asesor xurídico na administración municipal de Cambados, baixo mandato do PP, durante ao redor dun lustro. Cambados é o municipio onde Alfonso Rueda ten a súa praza de secretario municipal e onde exerceu profesionalmente durante anos antes de saltar a primeira liña da política. Uzal Tresandí tamén foi director da Federación Galega de Municipios e Provincias.
Na Xunta estivo catro anos como director xeral de Administración Local na primeira lexislatura de Nuñez Feijóo. Dimitiu en 2013 tras un fallo que amparaba a unha funcionaria de Palas de Rei na súa disputa co concello local, do PP. O Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local (Cosital) denunciou entón que o expediente á funcioara estivo infestado de irregularidades.
Tras a súa etapa na Xunta, incorporouse a Hafesa Enerxía, primeiro como administrador único e director xeral, desde onde participou directamente tanto na xestión empresarial como na trama fiscal posteriormente desmantelada.
Segundo figura nas bases datos que se alimentan do Rexistro Mercantil, Uzal Tresandí tivo cargos nas seguintes empresas Grupo Hafesa Subministracións Energeticos SL, Leon Intermediacion e Relacións Publicas SL, Hafesa Logistica SL, DBA Motril Port SA, Táboas Dez SL, Uzal Investimentos SL, DBA Terminais e Logistica SL, Global Meridian Consulting SL, Vifesa Capital Trust SL, As Secreto Participacións SL, Gasolineiras Amizade SL, Hamlyn Participacións SL, Petroleos Asturianos SL, Hafesa Energia SL, DBA Bilbao Port SL, Tolos Pola Musica Eventos SL, Hafesa Risks SL, Virena Participacións SL, DBA A Mancha SL e Elcano Energia SL. Delas figura como activo en Hafesa Risk, Virena Participacións, Tolos pola Múscia Eventos e Uzal Investimentos.
O fallo xudicial sostén que Alejandro Hamlyn, empresario afincado en Dubái, liderou un esquema criminal de defraudación fiscal que afectou ao IVE de hidrocarburos por un valor superior a 154 millóns de euros entre 2016 e 2019. Uzal é considerado a man dereita de Hamlyn, con responsabilidade directa na implementación e coordinación da estrutura societaria que permitiu eludir o pago de impostos e facilitou o branqueo de capitais.
A rede de empresas formada actuaba a modo de “cascarones buxán” cuxo único propósito era operar como intermediarias entre Hafesa e consumidores finais, beneficiar da marxe xerada pola falta de pagamento do imposto.
A investigación xudicial detalla que boa parte das sociedades instrumentais utilizadas posuían domicilio social e operacións declaradas en territorio galego, As ramificacións inclúen transferencias a contas no estranxeiro, investimentos en criptomonedas e adquisición de bens a través de sociedades pantalla, nunha operativa que buscaba desviar e blanquear fondos a gran escala.
A trama implica ademais a unha decena de empresas, con Hafesa Enerxía como eixo central, que ofrecían prezos inusualmente baixos no mercado de carburantes galego e español, absorbendo cota de mercado a costa do diñeiro ilegalmente subtraído ao fisco. O tribunal considera “acreditado” que estas vantaxes comerciais só eran posibles pola fraude continuada do IVE.
Tras a publicación da sentenza, Hafesa Enerxía manifestou o seu desacordo e anunciou a intención de recorrer o fallo ante a Sala de Apelación da Audiencia Nacional. O grupo empresarial, agora baixo control diverso tras a fuxida de Hamlyn, sostén que o seu vínculo co resto de operadoras limitouse a unha estrita e lexítima colaboración comercial, negando calquera conivencia para alterar o mercado ou defraudar ás autoridades fiscais.
Pola súa banda, a contorna de Uzal non se pronunciou publicamente tras a sentenza, mantendo un perfil baixo desde o inicio da causa xudicial. O Partido Popular galego evitou referir en profundidade á implicación do seu ex alto cargo, mentres que desde o PSOE criticouse abertamente a desconexión entre o desenvolvemento da comisión parlamentaria de investigación e a inclusión de todos os nomes relevantes, esixindo que se cite de inmediato a Uzal para esclarecer o seu papel na administración e na trama.
Un xuízo marcado pola ausencia do principal acusado e a complexidade financeira
A vista oral, celebrada na sede da Audiencia Nacional en Madrid, viuse condicionada pola ausencia de Hamlyn, en paradoiro descoñecido e con residencia confirmada en Dubái, o que supuxo que o procedemento se centre nos acusados presentes, entre eles Uzal e outro catorce procesados, a quen se impuxeron penas de prisión e multas que, en conxunto, superan os cen millóns de euros.
Os maxistrados recoñeceron dilacións indebidas no longo proceso, pero valoraron que parte dos investigados estableceron medidas para previr futuros delitos antes do inicio do xuízo oral. No entanto, a condena inclúe a inhabilitación para a obtención de subvencións e a perda do dereito a incentivos fiscais ou de Seguridade Social durante varios anos, ademais da obrigación de indemnizar, de maneira conxunta e solidaria, á Facenda Pública por todas as cantidades defraudadas.
Este caso resalta a vulnerabilidade da lexislación española fronte a sofisticadas estruturas de fraude empresarial, con figuras que transitan entre o sector público e o privado e que acaban implicadas en macrodelitos fiscais.
Escribe o teu comentario