​Arco Iris ve como un "disparate ilegal" o novo plan forestal da Xunta que incrementa as plantacións de eucalipto

A asociación ecoloxista insta á Consellería do Medio Rural a "renunciar de inmediato a este disparate" e a garantir a supervivencia do bosque autóctono.


|


Eucaliptos


A Asociación Ecoloxista Arco Iris rexeita por completo o novo plan forestal da Xunta de Galicia. Segundo explicou o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, esta semana no Parlamento de Galicia, o goberno autonómico propón un incremento de 25.000 hectareas (+8,12%) en 20 anos da superficie que ocupan as plantacións de eucaliptales en Galicia, un "disparate ilegal" segundo a Arco Iris. Sumarían así un total de 332.984 hectáreas, é dicir, un 16,4% do monte galego.


Respecto diso, Arco Iris remitiu este xoves un comunicado aos medios no que sinala que este feito supón un "serio retroceso na política forestal da Xunta" que no ano 2015 "anunciara un novo decreto regulador desta especie invasora".

Os ecoloxistas aseguran que, segundo este borrador, "só estarían permitidas as reforestacións e as novas plantacións" cando os plans de ordenación dos recursos forestais establezan "modelos silvícolas orientativos para a xestión e aproveitamento dunha determinada especie de eucalipto".

MÁIS EUCALIPTOS DOS PREVISTOS
Ademais, lembra que este documento tamén facía referencia a que no aínda vixente Plan Forestal de Galicia, de 1992, apúntase como resultado para a especie as 245.654 hectáreas, unha cifra que "na actualidade xa está superada".

Ante iso, Arco Iris considera que debería aprobarse "con carácter inmediato" unha "moratoria total" para novas plantacións de eucalipto, do mesmo xeito que en Portugal.

Os ecoloxistas instaron á Consellería do Medio Rural a "renunciar de inmediato a este disparate" e a retomar, "o máis axiña posible", a redacción definitiva dun decreto regulador de carácter sustentable e que garanta a supervivencia do bosque autóctono


relacionada ​A reportaxe sobre o eucalipto que non verás na TVG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE