​A reportaxe sobre o eucalipto que non verás na TVG

O interese polos incendios e o monocultivo do eucalipto en Galicia traspasa fronteiras. A cadea francesa de televisión FranceInfo emitiu a noite do pasado luns unha reportaxe acerca da situación forestal de Galicia crítico coa expansión deste especie.


|

O interese polos incendios e o monocultivo do eucalipto en Galicia traspasa fronteiras. A cadea francesa de televisión FranceInfo emitiu a noite do pasado luns unha reportaxe acerca da situación forestal de Galicia crítico coa expansión deste especie. 



Reportaxe eucalipto


A televisión gala faise eco de que máis de 600.000 hectáreas están nestes momentos ocupadas por eucalipto, máis do 65 % desa enorme superficie foi implantada no prazo dos últimos 18 anos. “Estes volumes de madeira de crecemento rápido son absolutamente disparatados e impropios dun país forestalmente avanzado”, opinan desde a asociación ecoloxista Arco Iris, que colabora na produción. 


Os informadores galos gravaron unha serie de talas a matarrasa nas proximidades do encoro de Cecebre, recentemente denunciadas por Arco Iris. Como é sabido, se a tala non alcanza a hectárea afectada, non é preciso realizar ningún estudo de impacto ambiental. Esta lagoa legal é aproveitada polos maderistas que, na maioría dos casos, optan por cortar en anacos as súas licenzas de curta para eludir a lei.


Medio Rural e Medio Ambiente anunciou recentemente axudas para eliminar eucalipto en zonas protexidas. Para Arco Iris non é senón un mero parche para tratar de disimular “unha política forestal desastrosa”. Os ambientalistas reclaman unha moratoria total, como a portuguesa.





A reportaxe inclúe unha intervención de Ana María Díaz López (director xeral de Patrimonio Natural), Francisco Lueiro García ( Presidente de Arco Iris) e produtores agrarios relacionados co sector forestal. Tamén aparece na reportaxe Victor Vidal, presidente da comunidade de Chandebrito, a zona cero da onda de incendios de outubro. 

relacionada Máis de 1.000 árbores autóctonas substitúen a eucaliptos en Lousame
relacionada ​Polo bosque autóctono e para "pararlle os pés ao eucalipto"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE