Movementos en ENCE: novo conselleiro, 160 millóns captados e un proxecto de I+D en Pontevedra
ENCE, a empresa da polémica celulosa de Pontevedra, publicou dous cambios relevantes estes días no Rexistro Mercantil. Son a inscrición de 160 millóns de euros en obrigacións e un nomeamento no seu Consello de Administración.
ENCE, a empresa da polémica celulosa de Pontevedra, publicou dous cambios relevantes estes días no Rexistro Mercantil. Son a inscrición de 160 millóns de euros en obrigacións e un nomeamento no seu Consello de Administración.
O novo capital provén dunha emisión de obrigacións realizada con “éxito” entre “investidores cualificados” en febreiro. A compañía non revelou que investidores acudiron á oferta, pero se que “a demanda de bonos case cuadriplicou o importe da emisión ao alcanzar os 600 millóns de €".
A industria asegura que usará o diñeiro para refinanciar a súa débeda. Tamén presume que “é a primeira vez que unha empresa industrial pecha en España unha emisión deste tipo”.
NOVO CONSELLEIRO DOS ARREGUI
O Rexistro Mercantil tamén publicou o nomeamento de Turina 200 SLU como conselleiro. O representante desta segunda empresa é Javier Arregui Abendibar.
Tras o nomeamento, as sociedades do presidente Juan Luís Arregui ─que ostentan unha participación do 28% en Ence─ reforzan a súa presenza e compromiso co futuro da empresa cun terceiro conselleiro no Consello de Administración da sociedade.
Por outra banda, hoxe a empresa anunciou “ a presentación do proxecto Novacell, un avanzado proxecto de I+D liderado por ENCE Enerxía e Celulosa que se desenvolverá na súa biofábrica de Pontevedra, e cuxo obxectivo é a fabricación de novas xeracións de micro e nanopartículas de celulosa para o seu uso en produtos industriais estratéxicos”.
Escribe o teu comentario