Nova convocatoria para arrincar eucaliptos do monte
A asociación ecoloxista Verdegaia anuncia unha nova quenda das xornadas para eliminar eucaliptos e acacias de zonas especialmente sensibles ou significativas, ao fío do Día Mundial do Medio, que se celebrará o 5 de xuño.
A asociación ecoloxista Verdegaia anuncia unha nova quenda das xornadas para eliminar eucaliptos e acacias de zonas especialmente sensibles ou significativas, ao fío do Día Mundial do Medio, que se celebrará o 5 de xuño.
Nesta ocasión, hai catro convocatorias para estas "brigadas deseucaliptizadoras". Os traballos realizaranse en Doniños (Ferrol), Froxán (Lousame), Lentille (Cenlle) e Rebordelo (Cotobade). Todas as rozas terán lugar o sábado día 8 de xuño.
Varios colectivos ecoloxistas, veciñais e universitarios colaboran na iniciativa Cousa de Raíces, que busca sensibilizar sobre os problemas relacionados coa proliferación de especies invasoras no monte galego; especialmente , os incendios. Por exemplo, a finais de marzo, lograron arrincar máis de 200.000 exemplares de acacia e eucalipto grazas ao labor de máis de 300 voluntarios.
Mentres o activismo contra o eucalipto avanza, a fronte política segue sen novidades significativas. Hoxe mesmo a maioría do PPdeG vetaba no Parlamento Galego unha iniciativa que buscaba poñer máis límites a esta especie para evitar incendios como o que arrasou a Serra do Barbanza esta primavera nos municipios de Dodro e Rianxo.
Escribe o teu comentario