(VÍDEO) Os incendios de Galicia un ano despois: causas e consecuencias
Hai pouco máis dun ano o monte galego foi arrasado por unha vaga de incendios brutal, que se cobraron varias vidas. Os equipos de extinción foron incapaces de conter o lume durante varios días durante unha crise que, desgraciadamente, se reptite cíclicamente ante a impotencia da sociedade.
Hai pouco máis dun ano o monte galego foi arrasado por unha vaga de incendios brutal, que se cous varias vidas. Os equipos de extinción foron incapaces de conter o lume durante varios días durante unha crise que, desgraciadamente, se reptite cíclicamente ante a impotencia da sociedade.
Neste vídeo didáctico, Iván Pérez, técnico en Xestión de Espazo Naturais e Máster en Profesorado, que traballou apagando incendios, explica os motivos polo cales o monte galego arde unha e outra vez. A falta de coidado do monte, a mala xestión con plantacións demasiado densas e o fomento de especies pirófilas como o eucalipto e o piñeiro son algúns dos factores apuntados polo experto.
O técnico fixouseunha meta de 5.000 visualizacións para axudar a concienciar aos que viven lonxe do monte da necesidade de xestionalo dunha maneira máis adecuado. O seu relato do sucedido, unha produción de Trece Amarelo, poñendo como exemplo un monte queimado en Cuspedriños (Cotobade) logrou máis de 13.000 visitas.
Escribe o teu comentario