enfermeiras eventuais en loita

O Parlamento Europeo admite a denuncia do BNG e Enfermeiras en Loita pola precariedade laboral no Sergas
A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo ha confirmado a admisión a trámite da denuncia presentada polo colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita e o BNG pola precariedade laboral no sector sanitario público galego.
As enfermeiras precarias que loitaron en primeira liña contra o coronavirus, despediron aos 15 días e repescaron ao día seguinte

Entre a versión de Enfermeiras Eventuais en Loita e a de fontes oficiais do SERGAS hai unha aparente contradición, pois as enfermeiras din que os contratos iniciais eran ata o 30 de abril e a EOXI que eran de 15 días. "Estas profesionais, a maioría enfermeiras, estaban a traballar en plantas de COVID e tiñan asinado unha ampliación do seu contrato desde o 16 ata o 30.

​‘Enfermeiras Eventuais en Loita’ non se manifestará este marzo “nun exercicio de responsabilidade” por culpa do coronavirus

A plataforma anuncia que este mes de marzo por mor da influencia do coronavirus no sistema sanitario galego. Desta forma, aínda que Eventuais en Loita tiña programada a protesta, encadrada en ’12 meses 12 loitas’, este 12 de marzo non realizarán concentracións ante os centros de saúde e hospitais. 

​'Enfermeiras Eventuais en Loita' programa unha "luctuosa protesta" o 11 de outubro

Desde o colectivo fan un chamamento a todos os profesionais de enfermería, así como aos pacientes e demas persoal dos hospitais galegos a manifestarse vestindo a camiseta da plataforma ou con roupa negra o próximo 11 de outubro ás 12 horas en fronte dos distintos hospitais de Galicia.

Enfermeiras Eventuais en Loita solicita aos sindicatos unha "mobilización a nivel autonómico"

Enfermeiras Eventuais en Loita, o colectivo que está detrás das continuas protestas destas especialistas nos últimos meses, entende que é necesaria "unha mobilización a nivel autonómico pola Sanidade Pública Galega".

Embarazada e 30 contratos para traballar 30 días seguidos de enfermeira do SERGAS

Reunión de Enfermeiras en LoitaA este respecto, unha dos seus portavoces, relata que  "ven casos verdadeiramente aberrantes".

A realidade alternativa




O informe detalla que o persoal que ocupaba praza en propiedade representaba o 62,8% do total, moi lonxe do 88% que vendían os altos cargos da Xunta e do SERGAS.

​Un manifesto para denunciar as condicións laborais da enfermería galega: “escravizados e sen dereitos”

Os enfermeiros e enfermeiras de Galicia ven sometidos por parte do SERGAS a unhas condicións laborais abusivas, e así o denuncia o documento redactado por Enfermeiras Eventuais en Loita, colectivo formado por máis de dez grupos locais da área sanitaria da comunidade. 

Máis de 300 contratos temporais para unha mesma enfermeira do SERGAS

Con todo, a práctica totalidade de sindicatos e colectivos do serctor seguen considerando que ese número é do todo insuficente para compensar anos de recortes, nos que nin sequera se convocan os postos dos funcionarios que se xubilaban."A eventualidade na enfermería galega non é algo puntual", conclúe o informe.

​‘Enfermeiras Eventuais en Loita’ denuncia a “censura” sufrida no Parlamento de Galicia

Membros do colectivo foron obrigados pola seguridade do Parlamento para tapar os logos das camisetas reivindicativas que levaban para poder presenciar o debate celebrado esta mañá na cámara.

​A enfermería galega: unha loita viral e tinguida de negro

As enfermeiras eventuais do SERGAS denuncian as súas condicións en vésperas das oposicións de enfermería no Sistema de Saúde galego cunha campaña viral e animando ás “precarias” a vestirse de negro en sinal de protesta. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE