​‘Enfermeiras Eventuais en Loita’ denuncia a “censura” sufrida no Parlamento de Galicia

Membros do colectivo foron obrigados pola seguridade do Parlamento para tapar os logos das camisetas reivindicativas que levaban para poder presenciar o debate celebrado esta mañá na cámara.


|

Membros do colectivo foron obrigados pola seguridade do Parlamento para tapar os logos das camisetas reivindicativas que levaban para poder presenciar o debate celebrado esta mañá na cámara.


Enfermeiras eventuais en loita

Representantes do colectivo no Parlamento de Galicia


O grupo ‘Enfermeiras Eventuais en Loita’, que mobilizou a protesta viral nas oposicións celebradas en Silleda o pasado mes de maio, denunciou que esta mañá un grupo de representantes do non puido acceder ao Parlamento Galego con camisetas reivindicativas, onde foran convidados polo grupo parlamentario do PSdeG. Os 13 representantes atopáronse con pegas para acceder á tribuna de invitados ao non respectar os protocolos que marca a propia cámara autonómica.


Esta mañá debatíase a iniciativa “sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno de Galicia en relación á situación laboral de persoal e o nivel de eventualidade no SERGAS”. Ao debate foron convidados membros do colectivo, que chegaron á cita con camisetas que lucían o logo de ‘Enfermeiras Eventuais en Loita’.



O distintivo nas camisetas foi o condicionante que motivou ao servizo de seguridade do recinto de advertir aos invitados que debían tapar o logo ou darlle a volta ás camisetas para poder acceder á tribuna.


A pesar da polémica, este non é un feito excepcional. O público no parlamento de Galicia non pode acceder ás bancadas con símbolos ou camisetas reivindicativas, como neste caso.  “O Parlamento de Galicia escúdase, como noutras ocasións, no artigo 109, pero negar as reivindicacións do pobo nas institucións que os representa é negarlles o dereito á democracia”, denuncian desde o colectivo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE